Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Evolucionaremos

jueves, 12 de noviembre de 2020
A evolución forma parte da vida, porque o ser humano está aprendendo sempre.
APRENDENDO É COMO SE EVOLUCIONA.

Hai momentos na historia en que a evolución costa máis e outros menos; pero en calquera dos casos:
O SER HUMANO ESTÁ CHAMADO A EVOLUCIONAR.

Os nosos antepasados evolucionaron ó longo da historia e nós formamos parte da historia presente.

A historia presente non se pode dicir que estea pasando polos mellores momentos; pero:
NIN A PANDEMIA NIN O MEDO NOS PODEN PARAR AS IDEAS.

Cada problema trae consigo a súa solución e tamén oportunidades para desenrolar novas fórmulas, novos camiños para seguir adiante.
De xeito que:
-Unhas persoas que están vendo como se debilita a súa economía; buscarán novas formas de saír adiante E SAIRÁN.
¡CLARO QUE SAIRÁN!

-Outras persoas sofren por non poder visitar ós seus maiores que sofren aillamento familiar nos xeriátricos.
¡Unha mágoa que non poidan estar nos seus fogares!
Evitaríase o aillamento e o sufrimento causado por non poder despedirse dos seres queridos antes de partir desta vida.
Quizais no futuro poida plantexarse a vida doutra maneira máis digna.
Porque unha sociedade que non proporcina unha vida digna ós seus maiores non pode considerarse unha sociedade evolucionada.

-Outras teñen que multiplicarse para conciliar a vida laboral cos coidados da infancia, dos discapacitos ou dos doentes; pero a elixen a mellor das opcións.
Teñen claras as prioridades.

-Outras están tendo problemas engadidos cos estudios derivados do tele-ensino; pero loitarán por cumprir os seus soños:
¡O ESFORZO E O INTERESE POR SUPERARSE FAN MARAVILLAS E A VECES INCLUSO FAN MILAGRES!

Outras persoas fixérono antes con moitísimos menos medios…
Por outra banda, MELLORANDO O RESPECTO Ó PROFESORADO, tamén se evoluciona.

-Outras teñen que retrasar unha interveción cirúrxica por falta de camas ou por falta de personal nos hospitais; pero afortunadamente, no aspecto sanitario, somos un dos países máis evolucoionados do mundo.
Trátase de seguir evolucionando ó mesmo tempo que valoramos o labor dos personal sanitario para mellorar a calidade de vida.

-Outras sofren por non poder acudir presencialmente á consulta médica:
AGORA SABEMOS O QUE SIGNIFICA O PERSONAL SANITARIO NA NOSA VIDA.
Un toque de atención para algúns casos non lles veu mal.
A evolución vai acompañada da reflexión para saber valorar o que é verdadeiramente importante.

-Outras quedarán con secuelas derivadas do coronavirus; pero darán grazas por ter salvado a vida e esperan recuperarse canto antes.

-Outras…

Ante un panorama así de cru, non é doado ve-a luz ó remate do túnel; pero…
¡ A LUZ ESTÁ CADA VEZ MÁIS CERCA!

Do mesmo xeito que os problemas veñen, tamén se van.
¡SEMPRE HAI UNHA SAÍDA!
A VIDA MERECE A PENA: MELLOR VIVILA CON ÁNIMO E BO HUMOR.
¿Qué gañamos con desesperarnos?
DESTA ETAPA TAN DURA APRENDEREMOS A ENFRONTARNOS CO QUE VEÑA PORQUE FORMA PARTE DO CRECEMENTO PERSOAL DE CADAQUÉN.

Hai que tirar para adiante ó prezo que sexa.
Foi así como fixeron os nosos antepasados e nós tamén o faremos.
Farémolo coa esperanza posta nun futuro mellor para todos.
Será así como evolucionaremos.
Evolucionaremos e recapacitaremos sobre as nosas limitacións, a nosa pequenez e a nosa necesidade de ser humildes e compasivos.

“HUMILDADE E COMPAIXÓN”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa resiliencia, polo seu aguante e pola súa contribución á evolución da nosa especie.

E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES