Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As librerías

miércoles, 11 de noviembre de 2020
Desde os días dos anos temos en conta o trece deste mes para poñer atención no día das Librarías. Nestes tempos de confinamentos,desde as nosas casas, desde os centros de ensino e de traballo, podemos mandarlles cartas de ánimos e de compañía ás libreiras e aos libreiros. On line podemos pedirlles libros ou outros soportes de lectura. Tamén indicarlles que cando melloren os tempos, nos convoquen para irmos ás librarías e gozalas ben ( que iso non custa nada e abre os ollos). Queremos entrar nelas e disfrutalas. Que xa eran horas- diremos- que xa tiñamos boas ganas.

Indo de librarías collidos das ilusións e dos ánimos, nelas, podemos darnos o luxo de nos perder. Facelo á posta ou non. E logo atoparnos as veces que nos mole. Seremos donas e donos das nosas rotas en liña ou das nosas inmersións.Todo combinando gustos e sabores, desexos e liberdades, dinamismos e rebeldías. Todo decatándonos, unhas veces si e outras non, que nas librarías vivimos momentos a frescuras de nenez a soños e marabillas. Tamén a proxectos e aventuras, pesares, desencantos e firmezas, de mocidade. E da calma viva e activa, experimentada, da madureza.Todo nas librerías se pon á mira, gárdase e disfrútase. Sempre queda algo para volver. Nas librarías tamén cristalizan os desexos de ler. Interiorízanse as experiencias vitais da lectura. Non hai librarías feas. Háinas unhas máis favorecidas cás outras.Todas son mellorables coma nós. Non pasan por bos momentos. Téñenas olvidadas da mesma maneira que á nosa Cultura.

Pero nós , lectoras e lectores,non lles faltaremos á fidelidade que lles temos ás librerías. Estaremos sempre aí, mercando libros e demáis soportes. Queremos que fagan caixa. Que teñan a mesa posta con obxectos de lectura. E que as portas sexan enormes, amplas e lucidas, para cando a luz do sol sexa intensa, alume as nosas vidas xa sen virus que nos amalen.

Iremos de librerías?.

(David Otero é escritor)
Otero, David
Otero, David


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES