Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día internacional das aves

viernes, 09 de mayo de 2008
Hoxe, 9 de maio, celebramos o Día Internacional das Aves, unha efeméride sinalada que debe estar presente nas conciencias de todos aqueles que amamos a natureza e tomamos partido activo pola súa conservación e posta en valor. Pontevedra é unha cidade xurdida nun cruce de ríos, entre xunqueiras, marismas, humedais... nesa mestura de terra e auga que tanto gusta a moitas especies de aves.

O Día Internacional das Aves celébrase por iniciativa de SEO/Birdlife dende o ano 1988. Co obxectivo de chamar a atención sobre o estado dalgunha especie en perigo cada ano elíxese un paxaro en concreto. Este ano tocoulle ó pato colorado (“Netta rufina”), un ánade migratorio que ten preferencia, na península Ibérica, polo Sur e o Levante. Aínda así existe constancia de que en 1992 foi vista anidando no encoro de Castrelo do Miño (Ourense).

Dende a Concellaría de Medio Ambiente Natural levamos varios meses facendo un intenso traballo de catalogación da fauna do espazo natural da Xunqueira de Alba e xa temos observadas directamente un total de 71 especies de vertebrados, das que as aves son maioría porque chegan a un 60% do total. É unha relación gozosa, pero tamén preocupante porque inclúe aves declaradas en perigo de extinción, aves vulnerables, aves obxecto de medidas de conservación especial e aves de interese especial.

Afortunadamente, noutros ámbitos como o río dos Gafos contamos co inestimable apoio de grupos cidadáns como “Vaipolorío”.

A nosa responsabilidade, polo tanto, é máxima e todos debemos ser conscientes de que debemos poñer o noso grao de area para non perder nin un só dos elementos que forman este rico legado natural. Por este motivo, dende a Concellaría traballamos tamén para a declaración como Espazo Natural de Interés Local (ENIL), solicitude que agardamos presentar dentro de pouco tempo diante da Consellería de Medio Ambiente.

Mentres tanto, como concelleira de Medio Ambiente Natural, permítome facer unha invitación a tódolos pontevedreses a gozar deste maravilloso humedal, do seu observatorio de aves, e deses outros habitantes do noso territorio (uns permanentes, outros de paso...) que chegan polo aire e sempre sen contaminar.

Celia Alonso Caramés, Concelleira de Medio Ambiente Natural
Alonso, Celia
Alonso, Celia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES