Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preescolar na casa

viernes, 09 de mayo de 2008
PREESCOLAR NA CASA, CARBÓNS PARA EDUCACIÓN BOMBÓNS PARA VICEPRESIDENCIA

Leo que a Consellería de educación pretende reducir a subvención ao programa de Preescolar na Casa, poñendo en perigo a súa continuídade ou reducindo as súas actividades educativas. Foi no ano de 1977 cando comezou este proxecto, patrocinado por Cáritas-Lugo e baixo a dirección do entrañable Gandoy, o cura da bicicleta, que pensou que mentres a revolución non chegaba algo había que facer para mellorar a situación da nosa base social máis paupérrima, como era a do campo. Axudado por Ermitas Vazquez, muller sempre dedicada a causas nobles, puxeron en práctica esta iniciativa orientada a nenos e nenas de 0 a 6 anos do medio rural, diante as desventaxes escolares que tiñan fronte as zonas máis urbanas. Pero o interesante da iniciativa foi a filosofía educativa que se creou e que sen dúbida é a que lle dá un caracter singular e digno de ser promocionada. Trabállase cos cativos no seu ámbito socio-cultural pero implicando aos pais no proceso formativo, de xeito que se articule un fluxo comunicativo de coñecemento, comprensión e afectividade entre pais e fillos que comporte, á vez que un desenvolvemento equilibrado dos nenos, unha maior integración familiar o que redunda, a súa vez, nunha meirande convivencia parroquial onde habitan.

Esta formulación non se podería facer eficazmente senón se contase cuns educadores entregados a causa, dedicando tempo libre ilusión e gañas nun proxecto no que creen, porque levan 30 anos comprobando as súas ventaxes. Neste tempo, Preescolar na Casa extedeuse por toda Galicia, puxeron en funcionamento un programa de radio, tiveron un espacio semanal na TVG, foron recoñecidos estatal e internacionalmente, e a súa metodoloxía innovadora obxecto de interese noutras zonas. Recibiron o Premio Moncho Valcarce pola Promoción da Terra no ano 1995, cando o programa contaba con 3.280 cativos, coas súas respectivas familias.

Eu mesmo, tiven ocasión, fai anos, de coñecer o programa e participar nunha sesión in situ. A orixinalidade do acto era abraiante. Alí maiores e pequenos formabamos todos unha unidade de relación que nas actividades no aproximaba mutuamente e sen dúbida nos levaba a unha comprensión mutua moito maior.

Rematamos xogando entre todos, os maiores identificándonos moito máis cos cativos e estes amosando coas súas risas e alegría un maior cariño cara aos seus pais.

Como se vai deixar de axudar esta iniciativa?. Os gobernantes deben comprender que a pesares da súa obligación de artellar unha educación para todos, porén están limitados moitas veces por uns formalismos de regulamentos que dificultan heterodoxas posibilidades enriquecedoras, e aí é onde xogan e deben apoiarse alternativas que sin estos límites, máis libres e imaxinativas, complementan, como neste caso, eficazmente a educación ortodoxa.

Por sorte, parece ser que Vicepresidencia si entendeu o tema e vai paliar o deficit de Educación.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES