Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Testemuñas doutra pandemia

viernes, 23 de octubre de 2020
A situación que estamos a vivir evoca o dito de que "aquel pobo que esquece a súa historia, está condenado a repetila". Os nenos da polio formamos parte desa historia esquecida. Somos testemuñas doutra pandemia que, ao igual que a derivada da Covi-19, tamén tiña asintómaticos. Contaxio, virus, vacina… son termos que nos resultan familiares. Por iso, doe pensar que se poida caer nos mesmos erros.

A maior incidencia da polio foi na década dos 50, destacando o ano 1958. Xa existían vacinas dispoñibles, pero as disputas políticas permitiron a propagación do virus ocultando así a existencia da pandemia. Un país que quería abrirse ao turismo tiña que dar unha boa imaxe cara o exterior. Tratábase de antepoñer os intereses económicos Testemuñas doutra pandemiaaos sanitarios. Mentres no resto de Europa se levaron a cabo campañas masivas de vacinación, España esperou anos. Curiosamente a provincia de Lugo, xunto a de León, foron as escollidas para empezar cunha vacina oral utilizando doses distintas e en estado dubidoso.

Na actualidade semella durmida, pero vive entre nós. O azoute que causou segue manifestándose en forma de novos síntomas. Vén ao caso lembrar parte dun escrito de Juan Antonio Rodríguez Sánchez, profesor de Historia de la Ciencia na Universidade de Salamanca: "Las personas afectadas por la poliomielitis perdieron su identidad y se insensibilizaron socialmente en aras de una cuestionable integración, hasta que la aparición del síndrome postpolio llamó a la reflexión sobre lo que había sucedido".

O 24 de outubro, data de nacemento de Jonas Salk, o investigador estadounidense que fixo posible o desenrolo dunha das vacinas, celébrase o "Día Mundial de Loita contra a polio". Este ano cunha nova motivación xa que compañeiros desde distintas Plataformas están a reivindicar que se nos considere na futura Lei de Memoria Democrática. Sabemos que do primeiro borrador quedamos excluídos. De pouco serve que a Convención Internacional sobre os Dereitos das persoas con diversidade funcional, no seu artigo 32d, fale de "proporcionar, segundo corresponda, asistencia apropiada, técnica e económica, incluso facilitando o acceso a tecnoloxías accesibles e de asistencia". É dicir, unha atención sanitaria de calidade e de maneira continuada. Para o síndrome postpolio non existe tratamento específico, cando menos facilitar o acceso a produtos de axuda. Seguimos esperando XUSTIZA.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES