Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De festas e de futuro

viernes, 16 de octubre de 2020
En tempo normal, viviríamos días de respirar fondo despois de xornadas memorables, cando o corpo pide un descanso que non se lle dá xa que as resacas festeiras teñen tamén as súas obrigas. Pero este tempo non é normal, aínda que aquí non percibamos problemas graves, correndo o perigo de reducir a pandemia a un simple estado de contas entre a vida e a morte, ollando de lonxe lugares nos que mirarse no caso de que veñan peor dadas.

Se será raro este tempo que nas case seis décadas que levo en Lugo foi o único ano no que non vivín ningún acto festeiro. Só souben por vía virtual do pregón de Tonina Gay, comprobando que a veterana mestra da información pode e debe seguir dando leccións maxistrais coma a que ven de impartirnos.

E se as festas son tempo de camiñar pola vía dos “panem e circenses”, visto está que non nos damos sustraído á única preocupación que nos embarga.

Certo que houbo concertos en lugares inauditos nos que vinte persoas son unha multitude por obriga legal, pero á hora ritual dos viños, cando todo chama á plegaria de Baco ou da memoria cervexeiro-céltica, na ruta líquida do centro de Lugo podía haber bares baleiros, o que me produce unha forte tristura, pensando que esta situación non ten compensación nin sustitutivo no mundo virtual.

Quero pensar que o noso xeito de vivir vai ter amaño e o ano que ven teremos festa como San Froilán e a tradición mandan, e que o que agora nos acouga só será un mal recordo. Quero crelo, e agardo velo antes de que os peches que pesan sobre nós nos fagan esquecer os saudables contactos personais que demostran que somos xente que sabe vivir e convivir.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES