Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hoxe por min e mañá por ti

jueves, 15 de octubre de 2020
Xeralmente, na vida dunha persoa hai momentos para todo:
-Momentos de bonanza e momentos de estreitura.
-Momentos de traballo e momentos de descanso.
-Momentos para rir e momentos para chorar.
-Momentos de saúde e momentos de enfermidade.
-Momentos claros e momentos escuros.
-Momentos altos e e momentos baixos.

Tamén hai momentos que afectan á inmensa maioría, no caso das pandemias, outros que afectan a un país ou a un colectivo calquera e outros que afectan a persoas individuais.
De todos convén disfrutar e de todos convén aprender.

Todos estes e outros momentos forman parte da vida mesma; pero, xeralmente, non son todos simuntáneos para todos ó mesmo tempo.

De tal xeito que:
-Cando unhas persoas están disfrutando de bonanza pode haber outras que están sufrindo a estreitura.
-Cando unhas están gozando dun merecido descanso, outras teñen que traballar para darlles servizo.
-Cando unhas rin porque todo lles sae a proba de bomba, pode que outras teñan a alma sangrando por diferentes motivos.
-Cando unhas están sas, outras están loitando coa enfermidade.
-Cando unhas ven todo color de rosa, outras veno todo negro e non alcanzan a ver o remate do túnel no que están metidas.
-Cando unhas están eufóricas, outras non levantan cabeza...

¿QUÉ NOS ENSINA TODO ESTO?
¿QUÉ PODEMOS APRENDER?
¿CÓMO PODEMOS MELLORAR O NOSO CRECEMENTO PERSOAL?

Cando os problemas afectan a todo a mundo en xeral, debemos comprender que ninguén se pode salvar por si só: todos somos necesarios e imprescindibles á hora de facer a nosa pequena ou grande aportación; cada persoa según as súas posibilidades.

A UNIÓN FAI A FORZA.

Cando afecta a unha empresa ou a un colectivo en xeral; o personal solidarízase, maniféstase, únense…¡Cómo debe ser!
Pero cando se trata de persoas individuais, como poden ser:
-Unha persoa coa que se comparte unha determinada actividade laboral.
-Unha persoa ou unha familia do vecindario
-Unha amistade
-Un parente.
-Unha persoa da nosa confianza.
Etc, etc…

A SOLIDARIEDADE É FUNDAMENTAL E A CARIDADE CRISTIÁ, TAMÉN.
O que nunca podemos dicir e: “desta auga non beberei” porque cando menos se pensa, cambian as tornas.
Todos agradecemos cando alguén nos bota unha man nun momento de apuro.
Pois… botar unha man a quen a precise tamén é de cumprimento moral obrigatorio.
Non fai falta que nos obrigue a lei civil: dentro de nós todo levamos un código ético que nos di o que temos que facer ante unha persoa necesitada.

Necesidades hai moitas ó noso carón:
-Persoas enfermas.
-Persoas que se senten moi soas.
-Persoas anciás que precisan compañía.
-Persoas xoves que necesitan unha palabra de alento.
-Incluso se dan casos de criaturas que se senten acosadas ata o punto de chegar ó suicidio.
Desafortunadamente esto vai en aumento.

E COA QUE ESTÁ CAENDO…¡Máis aínda!
Grazas que tamén hai persoas de bo corazón.
AS PERSOAS DE BO CORAZÓN DISFRUTAN AXUDANDO PORQUE NACERON PARA AMAR.

Afortunadamente hai moitas persoas que naceron para amar.
Algunhas pensan: “A NINGUÉN DEBAS NADA MÁIS QUE AMOR”
Esas son as persoas que renovarán o mundo.
A fin de contas o importante é que este mundo tan convulso se renove en profundidade.

¿INTENTÁMOLO OU TIRAMOS A TOALLA?
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa solidariedade e moitas grazas, tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES