Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A linguaxe da perversión

miércoles, 14 de octubre de 2020
Un chío de Fernando de Córdoba fai referencia ao feito de que a historia nos conte que os romanos e os bárbaros “viñeran a establecerse” e os árabes, pola contra, “a invadir”. Pois ben antes dicíannos que “cadaquén conta a feira segundo como lle vai nela”. Isto cambiou e agora, na era da comunicación, “cadaquén conta a feira segundo quere que lle vaia nela”, convertendo á linguaxe nunha inmensa arma de construción ou destrución masiva. A linguaxe faise unha ferramenta ideolóxica capaz de crear versións oficiais “incuestionables” e “infalibles”.

Fronte á linguaxe da perversión temos a linguaxe das perspectivas, que nos impón a marabillosa obriga de beber de todas as fontes ata crear a propia. Nisto consiste ser libre e erguerse como ser pensante, auténtico e único no mundo.

Agora ben, nun mundo fugaz, prefabricado e inmerso no balbordo do presente continuo pensar está sobrevalorado e a linguaxe da perversión axuda a eludir unha tarefa tan pesada…
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES