Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos temos moito que aportar

jueves, 08 de octubre de 2020
Hai persoas que van pola vida dicindo que valen moi pouco.
Non sei por que o din.
Pode ser que teñan a autoestima moi baixa.
Pode ser que a vida non as tratara como se merecen…

Tamén hai persoas moi humildes, igual que hai outras que van pola vida cargadas de soberbia.

Hai persoas moi humildes que din eso, pero as súas obras demostran que teñen moita valía.

Cada persoa ten os seus propios talentos: todos valemos para algo
O que se precisa é XENEROSIDADE DE CORAZÓN.
Se o pensamos ben…Todos temos algo que aportar:

As criaturas aportan alegría ás familias, savia nova á humanidade, relevo xeracional, futuro…
A xuventude ademais de alegría e bo humor aporta gañas de loitar, gañas de mellora-lo mundo, gañas de cambiar moitas cousas que vimos facendo mal.

Sobre o colectivo adulto recae boa parte do peso da sociedade. En teoría é o colectivo que máis aporta, ou debería aportar.
E a ancianidade non se queda atrás.
Representa a serenidade, a experiencia, a paciencia, a resiliencia ante os atrancos que pon a vida...
Profesionalmente aportamos moito.
Tódalas profesións son necesarias e igualmente dignas.
(Algunhas non merecen o nome de profesións aínda que haxa quen gaña moitos cartos desa maneira)

O sector primario abastécenos da materia prima sen a que non poderíamos subsistir:
A agricultura, a gandeiría, a caza e a pesca foron o sustento da humanidade ata a chegada da era industrial.
O sector da industria transforma a materia prima para elaborar todo aquel o que nos fai a vida máis cómoda.
O sector servizos acércanos os productos para que teñamos de todo ó noso alcance.
O sector administrativo facilítanos os trámites para que teñamos as cousas en regra.
A administración encárgase de controlar a organización de todo.
A era dixital está en marcha, aínda non se sabe moi ben cara a onde nos levará…
TODOS FORMAMOS UN TODO QUE DEPENDE DO QUE APORTEMOS INDIVIDUALMENTE CADA MEMBRO Á COMUNIDADE.

Con relación ó control da pandemia, a parte dos recursos humanos e as normas que pon a administración, é de suma importancia a colaboración de todos e cada un.

A Administración ten o seu papel pero non fai nada sen medios e sen a nosa
colaboración.
Con todo hai situacións límite: tal é o caso dos transportes públicos das grandes urbes, donde as distancias de seguridade son inexistentes e o virus pode transmitirse con moita facilidade.

No medio rural, témolo mellor pero representamos unha porcentaxe moi pequena da poboación. Xa hai persoas que están volvendo ó medio rural e volverán máis en canto mellore a situación dixital.
A situación non é nada fácil.
Por eso os gobernantes se “tiran os trastos uns ós outros”.
Bota-las culpas ó outro é o máis doado que hai.
Actuar por consenso, moi difícil nos momento que vivimos.
Cada partido considérase posuidor da razón e da fórmula máxica.
¡Grave erro!
¿QUÉ FARÍA UN SE ESTIVERA NO LUGAR DO OUTRO?

Me parece que imos ter pandemia para …
Porque non se sabe cando acabará, aínda que un doctor de moito prestixio di que acabará en dous ou tres anos, pero a economía deixará a recuperación para dentro dunha década.
O único certo que que o imos ter moi difícil. Moi difícil.
Tamén debemos concienciarnos de que a reflexión, a paciencia, a solidariedade e o apoio mutuo van ser moi necesarios.

A pobreza económica vai aumentar e con ela terá que aumentar a solidariedade entre os pobres. (Si. Entre os pobres, porque os ricos dos pobres, desafortunadamente, nunca quixeron saber nada)

Teremos que recuperar uns valores que xa tiñamos gardados no fondo do baúl dos recordos: axuda mutua.
Axudándonos muturamente sairemos antes e mellor.
Axúdarémonos con humildade poñéndonos na pel do outro; porque: a
situación promete…

“HOXE POR MIN E MAÑÁ POR TI”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa valiosa aportación e por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Qué teña un día estupendo!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES