Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Historia dunha tenda de pobo

viernes, 02 de octubre de 2020
A un tiro de pedra da miña casa había una tenda de periódicos, revistas, cousas de pupitre, algún conto ilustrado e cadernos Rubio para iniciar a máxica senda da escritura amén de pequenos peluches, plastilinas e outras cousas varias.

Moita clientela tiña aquel kiosco, pero non somentes pola mercadoría, senón por quén a despachaba. Era unha muller xove, de carácter animoso e rasgos faciales, senón fermosos, sí simpáticos. Tiña o pelo tinguido dun color violín que a favorecía moito e atendía sempre cunha luminosa sorrisa..

O local non era seu, pois estaba alugado. Co tempo, a dona, vendo a boa marcha do modesto negocio, decidiu dar por rematado o aluguer e facerse cargo ela mesma. Pero, sosa de carácter e gris no seu aspecto, a súa chegada mudou por completo o panorama, alonxando a clientela. Iniciouse así un círculo vicioso, pois a dona, dada a pouca xente que pasaba polo seu local, aburríase e íase tomar, cada dous por tres, un piscolabis nunha cafetería aledaña, limitándose a vixiar a chegada dalgún posible cliente.

Aínda que se apresuraba canto podía en canto tiña un cliente a súa vista, non era precisamente un raio e case nunca chegaba a tempo de evitar a súa marcha. Así que a clientela, que con frecuencia tiña que marchar despois dun viaxe en balde, non acostumaba voltar e se o facía era con receo de que se repetira a situación. Así que co tempo pasou o que tiña que pasar e a tenda pechou. A dona, cegada tan suculenta, no seu momento, fonte de ingresos, tentou revivila indo na procura da súa antiga dependenta, pero perderá a súa pista e cando deu con ela, pasado xa tempo, atopouna ben empregada nun negocio mellor.

Alguén podería terlle dito a tempo que a avaricia rompe o saco.
Seijas, Otilia
Seijas, Otilia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES