Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprender das persoas exemplares

jueves, 01 de octubre de 2020
A verdade é que a vida estanos dando leccións a tódalas horas e en tódolos
lugares.

Estamos rodeados de moitas persoas exemplares.

A historia fálanos de moitísimas persoas que loitaron con tódalas súas forzas para construir un mundo mellor: pedagogos, gobernantes, escritores, inventores, santos, pais e nais de familia…

As primeiras persoas exemplares para a infancia sons os propios proxenitores.

Existen nais moi exemplares que saben ser a alma do fogar ó mesmo tempo que exercen unha profesión e non abandoan o timón da familia por máis contratempos que se lles presenten.
Tamén existen pais que saben exercer como tales; para eso son pais e cabezas de familia.

Hoxe en día están cambiando moito os roles na vida familiar: pai e nai, nai e pai compleméntanse á hora de levar a vida no fogar e tamén nos coidados e na eduación da descendencia.
Neste sentido estamos evolucionando cara a unha sociedade máis madura e responsable.

Cando as criaturas se crian neste ambiente, estanse educando para ser bos pais e boas nais o día que formen a súas propias familias.
Deste tipo de familias temos moito que aprender, moitísimo que aprender…

Ademais de nais e pais exemplares, todos estamos chamados a ser persoas exemplares en algo porque todos temos bos talentos que desenrolar.
Sobran motivos ó longo do día para dar bos exemplos.

Ademais de dar bos exemplos, tamén temos que estar aprendendo constantemente bos exemplos dentro do fogar e fóra del.

Os bos exemplos dentro dos fogares teñen unha repercusión moi grande a nivel social, porque a familia é a primeira escola na que aprendemos o esencial da vida: os valores.

Pero fóra do fogar, na vida social tamén estamos chamados a aprender bos exemplos.

Hai moitísmas persoas que se esforzan por dar bos exemplos:
-Aquelas que ceden o paso con amabilidade.
-Aquelas que respectan os sinais de tráfico.
-Aquelas que son pacientes ante unha situación embarazosa.
-Aquelas que son puntuais.
-Aquelas que respectan as leis.
-Aquelas que gardan a distancia de seguridade desde que sabemos que o coronavirus campa libremente polo mundo enteiro.
-Aquelas que usan debidamente a máscara para non contaxiarse nin contaxiarnos.
-Aquelas que fan uso das normas de hixiene adecuadamente.
-Aquelas que cumpren relixiosamente nos seus postos de traballo.
-Aquelas que dan unha palabra e cúmprena como se dun documento escrito se tratara.
-Aquelas que son serviciais cando ven unha necesidade.
-Aquelas que se esmeran no coidado dos enfermos dentro ou fóra do fogar.
-Aquelas que acompañan a persoas que sofren soidade.
-Aquelas que se cuidan da nosa saúde física, mental e espiritual.
-Aquelas que se encargan da nosa seguridade.
-Aquelas que non xulgan, sencillamente respectan as diferencias aínda que non estean de acordo con elas.

E outras moitas.
Moitísimas…

Dos bos exemplos que aprendemos e dos bos exemplos que dámos dependerá en boa medida o que fagan as xeracións futuras, así será o futuro da humanaidade..

Non existen as persoas perfectas porque todos temos despistes máis veces das que nos gustaría; pero se tomamos conciencia de que podemos aprender de persoas exemplares e tamén podemos dar bos exemplos en aglo, xa estamos colaborando ó ben persoal a tamén ó ben social.

A situación actual estanos demostrando mellor que nunca a importancia da aportación persoal que cada persoa pode facer para contribuir ó ben común.

Todos somos necesarios porque todos formamos un todo.

“TODOS TEMOS MOITO QUE APORTAR”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa boa exemplaridade e máis por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES