Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Setembro de Víctor Jara

miércoles, 30 de septiembre de 2020
Setembro deuche a vida e en setembro arrancároncha do xeito máis bárbaro que ninguén puido imaxinar: partiron a túa guitarra, esmagaron as túas mans e expropiaron a túa voz. Ficou tan só a conciencia como penedo ergueito fronte ao tempo que te transita polas xeracións.

Neste penedo nace un cachón de auga fresca na que alentos libertarios te erguen en innumerables voces…

…e cantas Víctor. Vas polo século XXI cantando como a estrela polar das loitas sociais. Dende o dereito de vivir en paz abrimos anchos camiños para ir contigo en recendo de liberdade…

…e cantas Víctor enchéndonos a alma de bandeiras soñadoras para camiñar en horizonte sen repetir vellas traxedias…

….e cantas Víctor de Puerto Mont a Santiago poboando de soños aos que voz non teñen…

…e cantas Víctor facendo dignidade para erguernos en porvir sempre e tamén nas incertezas deste setembro…

…e cantas Víctor…
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES