Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (14)

jueves, 01 de octubre de 2020
Consideracións antropolóxicas sobre os devanditos santuarios.
O nivel de asistencia aos santuarios depende da sona, que tivesen estes na contorna e maís alá. Polo tanto, sen milagres non hai posibilidade de crear devoción. Estes constituen a manifestación do poder da imaxe, que -segundo a liturxia oficialista- actúa A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (14)como mediadora perante Deus, chegando a posuir todo o ser poder sobrenatural. Non embargantes -segundo os canons da devoción popular- as diferentes imaxes sacras, que simbolizan ao San Bernabé teñen un poder inherente a elas mesmas. As imaxes -segundo Joan Prat- son as que gozan de gracia, virtude e favor. De aí, que os devotos teñan con elas un importante código comunicativo, baseado en signos lingüísticos e corporais, encamiñados a acadar a súa protección e indulxencia así como o agradecemento por un favor outorgado. Mais tal favor hai que o relacionar co grao de protección ás estructuras dun intercambio igualitario, o que implica “ dar para que me deas” . Por iso os devotos ademais dos rituais realizados deixan unha serie de ofrendas para satisfacer a súa parte no acordo co Santo.

Por outra banda, a dimensión sacra transmitese ao exterior por medio da procesión, tanto colectiva como individual. A nivel colectivo, a procesión é un ritual relixioso que ten como finalidade expresar pública e colectivamente un culto, un diálogo coa entidade sacra correspondente. Utiliza normalmente un espacio fora do templo que pasa a ser un soporte para esa hierofanía, para esa manifestación relixiosa. Polo tanto, ás rúas, as prazas, e calquera espacio de acollida do ritual recibe unha reinterpretación con posibilidade de valores de sacralidade. A nivel individual -propia de Meilán (Riotorto) e Castrillón (O Corgo), os devotos ben dunha maneira senlleira o nun pequeno grupo familiar ou de amigos tamén establecen unha comunicación co sagrado por medio do recollemento, que manteñen no seu percorrido polo perímetro do recinto sacro, portando nas súas máns símbolos relixiosos: imaxes pequenas do Santo, candeas, e mesmo exvotos de cera.

Esta dimensión sagrada tamén se exterioriza por medio dalgún elemento natural, como a auga, que nestes intres so se emprega no San Bernabé de Martín (Baleira). O rito de beber auga na fonte do santo, ou recollela en botellas para levala a casa, simboliza para os devotos a morte da enfermidade e a rexeneración da saúde, segundo a opinión A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (14)exposta por Fidalgo Santamariña: "El agua mata por excelencia porque disuelve, suprime toda forma, borra el pasado, perto también regenera, porque la disolución va seguida de un nuevo nacimiento".

Ademais, o costume de mollaren panos para tocar con eles as feridas ou partes doentes do corpo, deixándoos pendurados duns ramallos ao carón da fonte, para agardaren así que a doenza desapareza conforme os panos vaian podrecendo, ten o seu fundamento nun arremedo do que o devoto pretende acadar. O proceso de descomposición da prenda indicaría a extinción paulatina do mal, e o conseguinte restablecemento da saúde. Cumpriríase, así, a observación feita xa a finais do século XIX por Frazer de que moitos rituais populares lembren á maxia imitativa, é dicir, a idea de que os procesos sufridos por unha cousa causan efecto nos males que se desexa vencer ou dito doutra maneira que os ritos consisten con frecuencia nunha imitación dos efectos que a xente desexa producir.

Finalmente nalgúns santuarios -Meilán (Riotorto), Castrillón (O Corgo)- ademais da dimensión sacra hai unha dimensión lúdica, na que mentres o baile, o canto e maila música desencadenan emocións, a bebida e a comida facilitan a comunicación. Estes trazos levanos a apreciar como nesta dimensión hai un tránsito do cotiá a situacións onde poden ter lugar a espontaneidade, a diversión e o relaxamento dos costumes.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES