Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A poesía de Avelino Díaz en Debezos (23): 'Anduriñas' (1)

viernes, 18 de septiembre de 2020
Volvemos estar diante de seis cuartetas asonantadas e octosilábicas coas que o autor se sente moi a gusto, tamén diante dunha comparación metafórica das “andoriñas” como termo real e “emigrantes” como termo metafórico. Estas andoriñas como emisarias do vento ou como carteiras ou como pombas mensaxeiras dos desexos do autor.

A composición está estruturada en tres partes, é como unha carta que o autor nos envía desde o outro lado do mar por un correo aéreo, nun sobre cos cadradiños azuis e brancos nos marcos do firmamento, tal e como eran os sobres que voaban por enriba do mar na época de Avelino e mais na nosa.

A poesía de Avelino Díaz en Debezos (23): 'Anduriñas' (1)A PRIMEIRA PARTE compona a primeira cuarteta con dúas exclamacións referidas ás andoriñas como “lixeiras e ledas”, mais sempre cos mesmos desexos: “¡Quen tivera as vosas alas/ quen poidese así voar!/”.

“¡Ouh, que lixeiras e ledas
anduriñas que voais!
¡Quén tivera vosas alas,
quén puidera así voar!”

A SEGUNDA PARTE corresponde a todo o contido que nós consideramos como unha carta que a través das andoriñas nos envía o autor; fórmana tres cuartetas nas que nos di que leven “os ecos do meu penar”, mais tamén bicos e apertas e amores para súa nai, e memorias e lembranzas para os amigos e irmáns, non podendo faltar o seu “triste cantar” e “o meu relembro fillal”, no que coidamos que o autor está enviando memorias á Terra, como fillo dela que é:

“¡Levade bicos i-apertas
i-amores pra miña nai,
levade miña lembranza
pr-ós amigos e os hirmáns.

“¡Levai, levai, anduriñas
este meu triste cantar;
levade pr-á miña terra
o meu relembro fillal!”.

A TERCEIRA PARTE está referida ás dúas últimas cuartetas que comezan cun desiderato, “!Voai, voai, anduriñas...” para que cheguen “lixeiras e ledas” como di na primeira cuarteta, cerrando tamén o poema cos mesmos adxectivos (chegando “lixeiras e ledas” diciamos, “ás terras de Breogán”) e ”/levade unha milleira/ de bicos pra miña nai/”.

“¡Voai, voai, anduriñas
por enriba do ancho mar
e levade unha milleira
de bicos pra miña nai!”

A primeira parte é como se convocase ás andoriñas a efectuar a emigración desde Arxentina, a que se reuniran para pasar o charco, loando as súas ás voadoras para servir de correo e de emisarias ás que lles envía correspondencia, que está xa entrando na segunda parte, como se fose unha carta para a súa nai, está claro que aínda que non fale dela e aínda que non lle poña o sobre, é para a súa nai, mais a través dela, como antes se facía nas cartas, manda darlle lembranzas aos amigos e aos irmáns. Na terceira parte, despois de convocadas e de dicirlles o recado que han de dar, comina ás andoriñas con desexos visíbeis en modo imperativo ou optativo (voade, ide) para que comecen a ruta da emigración ás terras de Breogán.

“¡Voai, voai, anduriñas,
que Deus vos ha de guiar;
ide, lixeiras e ledas
ás terras de Breogán”.


NOTAS:
1.- Opera cit. Páx.57.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES