Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os mundos de Ayaso (3)

martes, 22 de septiembre de 2020
Os mundos de Ayaso (3) X Variacións sobre os mundos de Ayaso

El conta...
Cando era pequeno
buscaban os mortos nas praias,
mulleres de loito choraban
agardando
a que o mar os devolvera,
tantos enterros
con corpo ou sen corpo.
Tiña que escapar
para que a avoa non o vira
porque ela poñíalle a campanilla na man
para que tocara.
Debeu coller o aire
nun enterro.
Non medraba
médicos e todo tipo de menciñeiras
amañadoras
das que lían o libro,
levantaban a paletilla
rezaban,
levábano ao adro
ou a un cruce de camiños
na encrucillada,
ao pé do cruceiro
movían a tixeira na peneira
para o diagnóstico,
falaban de envexas.
Volvía
con
mil e un remedios,
con escapularios colgando
ata acertar coa tuberculose.
Oito meses na cama
Só,
illamento
días eternos nos que foi creando o mundo
que hoxe reproduce nos debuxos.

4
Dicía a avoa:
Apura que che vai atrapar a Santa Compaña
Colleuno
un mal aire
ata o día
no que semellou volver dalgún lugar
e alguén dixo
Xa hai rapaz!

5
Moitos escritores
naceron dunha enfermidade
na que se fixeron lectores.
A vitalidade.
Este artista
ficou quedo
sen facer ren,
meses,
para poder recuperar ese tempo multiplicado
no resto da vida.
Ten a obriga de retratar o mundo febril no que viviu daquela

6
O Aquén e o Alén dándose a man.
Esa é a paisaxe de Ayaso.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES