Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galiza non se vende, unha iniciativa incómoda

martes, 29 de abril de 2008
No mes de febreiro tivo lugar unha manifestación convocada pola rede que, co lema “Galiza non se vende” aglutina a toda unha serie de asociacións, colectivos e plataformas, organizadas en función de distintas problemáticas pero que confluen na reivindicación xeral da defensa do medio ambiente, o patrimonio natural e o desenvolvemento sustantable, exercendo aquela máxima de pensar en local e actuar en global.

A mobilización foi moi exitosa, tanto pola cantidade de participantes canto pola cualidade. Ollándose un persoal xeralmente novo, concienciado e responsable, dándolle a mani un caracter de festa e acción que a pesares delo, non gustou moito ao Conselleiro de Medio Ambiente a tenor das descualificacións que fixo daquela. Resulta curiosa a retórica de dirixentes cando falan tranquilos aos veciños e lles din que deberían ser máis esixentes cos politicos, e logo cando o son enfádanse.

É certo, que “Galiza non se vende” é unha amalgama moi diversa, na que conviven tradicionais asociacións ecoloxistas e doutro tipo, con colectivos máis novos e plataformas ad hoc; que reivindican cousas diferentes (o que despectivamente o Conselleiro calificou de “que hai do meu”); que ata pode haber minorías que buscan en río revolto intereses alleos aos seus fins; que é dificil artellar o descontento de tantas entidades e tan variadas nunha estratexia común. Pero nada diso invalida as súas arelas de ser un instrumento útil para presionar aos poderes públicos en relación aos obxectivos ambientais, patrimoniais e de sustentabilidade marcados. É dicir, os de acadar unha Galiza máis nosa e vivible, hoxe e no futuro.

“Querémolo todo”, rezaba unha pintada no maio francés do 68. Das pancartas da manifestación tamén podía deducirse o mesmo, traducidas na esixencia dun cambio amplo e profundo das políticas seguidas ata agora, menospreciadoras dunha sustentabilidade integral.

Un movmento como “Galiza non se vende” debería ser aplaudido por calquera político de ben, porque significa unha sociedade viva, imprescindible para estimular as melloras oportunas, para reflexionar máis as decisións, para corrixir erros, para que a humildade sustituia a autosuficiencia.

Unha sociedade calada, exclusivamente institucionalizada, electoralizada, acaba sendo unha sociedade zombi, baixo o mando duns políticos encumbrados na súa soberbia gubernativa.

Resulta dificil predecir a continuidade ou o avance deste movemento polas características que contén. Porén, confiamos na sensatez e experiencia dos seus compoñentes mais veteranos, porque tal como están as cousas, sería moi necesaria a súa consolidación e desde logo unha frustración o seu fracaso.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES