Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

La valla (primeira impresión)

miércoles, 16 de septiembre de 2020
O pasado mércores, Antena 3, emitiu o primeiro capítulo de “la valla”, unha serie moi esperada que leva traza de non defraudar. Na valla describe un entorno militarizado e totalmente falto de liberdade onde o goberno decide sobre a vida de cada persoa, separándoas ou uníndoas ao seu antollo. Unha das esceas máis impactantes de este primeiro capítulo é unha neta que lle pregunta a súa avoa como era a liberdade.

Haberá que ver como evoluciona esta serie pero a primeira reflexión que me ven á cabeza foi calcular a distancia á que nos atopamos da valla e, a verdade, vivimos nun mundo no que o mesianismo segue tendo excesivos e exacerbados militantes que nun momento dado poden ter máis forza da que nos convén.

Polo tanto, a conclusión de este primeiro capítulo é moi simple: acabo de ter un sobriño que se chama Hugo e cumpriu dous mesiños, agardo que me faga moitas preguntas e poderllas contestar pero desexo con toda a miña forza que nunca xamais me teña que preguntar que era a liberdade...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES