Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (11)

jueves, 10 de septiembre de 2020
A dimensin relixiosa popular do S. Bernab en Meiln, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limtrofes. Tipoloxa dos exvotos (11)
Castroverde

1. Ubicación:

Coordenadas U.T.M.: X: 631.652 // Y: 4.755.049
Dende unha perspectiva eclesiástica, o Santuario está emprazado na freguesia de Santa María Madalena de Goi, integrada no arciprestado de Maestrescolía, e na diócese de Lugo. A efectos civís, forma parte da parroquia de Santa María Madanela de Goi, e do concello lucense de Castroverde...

2. Trazos artísticos
Trátase dunha igrexa parroquial sinxela ubicada nun castro ao Suroeste da entidade de poboación. Ao seu carón hai vestixios de varios sartegos. Este recinto sacro presenta unha nave rectangular con cuberta a dúas augas; un presbiterio tamén rectangular e algo maís elevado e sainte; e unha sancristía na parte posterior. No seu interior, apreciamos as seguintes esculturas: Santa María Madanela; San Antonio; San Roque; Santo Anxo; Inmaculada; San Bernabé; dúas imaxes pequenas de San Bernabé, de bicar, e San Ramón. A imaxe de San Bernabé, amosa na súa iconografía “algunhas pedras na súa man esquerda”, reflectindo deste xeito a lapidación do santo.

3. Rituais e ofrendas
Algúns fregueses da contorna acoden o día do San Bernabé á misa das 13:30 horas, que é oficiada A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (11)polo párroco da freguesía.

Logo, participan na procesión, que sae por diante da igrexa, percorrendo un curto espacio de forma ovalada. Nela toman parte as imaxes de Santa María Magdalena, patroa da freguesía; unha advocación mariana da Inmaculada; unha imaxe do San Bernabé; o crego oficiante da misa; e os devotos, colocados sen distinción de idade e sexo; as dúas primeiras imaxes, son levadas nas andas por mulleres, mentres que a do San Bernabé por homes.

Posteriormente, hai devotos que acoden ao interior do recinto sacro pra que lles “poñan o Santo”. Desta tarefa encargase un rapaz da freguesía, que utiliza unha pequena imaxe do San Bernabé, que aplica ao devoto do seguinte xeito: primeiro pola parte datrás da cabeza; logo, polo ombro esquerdo, e, finalmente polo dereito. Ao mesmo tempo, recita a seguinte xaculatoria: “Cristo vive/ Cristo reina/ S. Bernabé te libre de todos los males. Amén”. Este ritual realizase ben denantes da misa ou ao rematar esta. Ademais, algúns devotos aportan algunha esmola en metálico.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES