Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

sábado, 12 de septiembre de 2020
A foto dos 'listos'

No noso país hai xente que é moi lista, ou que se pasa de lista, claro. Xusto ó día seguinte -ou xa esa mesma noite- do partido entre Alemaña e España para esa Liga de Nacións que se inventaron, empezou a circular polas redes sociais unha foto (tanto que, Pingas de Orballoxusto tamén, no momento en que iniciaba este relato, chegoume un guasap máis coa mesma) na que se ve ós xogadores da selección española moi xuntiños, tanto que están enlazados cos brazos polos ombreiros, mentres que os alemáns están algo separados uns dos outros. Claro, ante este achegamento, o “listo” ese que iniciou a circulación da foto axiña botou man do seu enxeño e proclamou ós catro ventos a lenda de: “Esta imaxe define a España fronte ó Covid-19”. Vendo o que é a foto tan só, pois mira, ata ten razón. Pero un servidor tivo a sorte de ver o partido e incluso o momento de tocar os himnos. Como España xogaba fóra, pois o primeiro himno que se deixou escoitar no estadio foi o noso. Pero cando lle tocou ó himno alemán, os xogadores bávaros fixeron exactamente o mesmo que os españois, ou o que é o mesmo, que definiron ó seu país fronte ó coronavirus.
Somos tan listos que nos adiantamos á acción dos acontecementos. Ti critica, que algo sempre queda, dicía aquel. E nisto si que non nos gana ninguén. Sempre fomos moi propensos a tirar as pedradas contra o noso propio tellado ou emporcar a fonte na que se bebe. Somos moi amigos de criticar o libro sen lelo ou a película sen vela. Nisto último tivemos a proba naquela película de Scorsese, “A derradeira tentación de Cristo” (1988), que se manifestaban ante os cines sen ver o filme...

Xa sen medo

Está o silencio contemplándose ó espello e non se reflicte. Quizais o espello non ensina o que debería ensinar. Están os de Califato 3/4 cantando “unha buleríâ del aire acondiçionao” polo que fan algo de ruído. Talvez por isto o espello non obedece ós meus desexos. Un espello debe amosar aquela esencia que un servidor quere ver. Pero quedo en silencio mirando sen ver.
Pingas de OrballoEstá o ruído navegando por entre as transparencias dun camisón, porque os latexos do corazón mancan incluso no peito ante tanta excitación. Quizais sería mellor apagar as ansiedades ante un espello no que se imaxine o que non se ve. Quero berrarlle ó ruído para que se quede en silencio. Quero sentir o desexo no meu peito. Quero escoitar a Rob Pattinson cantando “Never Think”.
Está a tarde tranquila ata que unha mensaxe anuncia que o tempo pasa e todo cambia, que a normalidade, pouco a pouco, asenta sobre a desesperación dun encontro. Foron días de desconsolo e medo. Xa o dicía un tal David Fischman: que o medo é a emoción máis difícil de manexar, que a dor chórala, que a rabia bérrala, pero o medo atrápate silenciosamente no corazón. Mais xa non hai medo. O espello, co tempo, reflectirá os días perdidos e os desexos acochados. E rachando o silencio aparecerá Nina Simone cantando “Wild Is The Wind”. E cando remate, volverán o silencio, o ruído e os desexos a aniñar no meu peito. Pero xa sen medo. Agora si miro de fronte ó espello e vexo esa luz que, antes, estaba apagada. Agora brilla baixo a transparencia dun camisón.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES