Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En defensa de Svetlana Aleixievich

miércoles, 02 de septiembre de 2020
Desde principios do mes de agosto o Consello Europeo de Escritoras e Escritores (EWC) vén divulgando, a petición do Sindicato de escritoras/es bielorruso, a situación de censura de liberdade de expresión no seu país e de manipulación por parte das noticias dos medios co gallo das eleccións levadas a cabo, demandando o dereito en Bielorrusia a unhas eleccións xustas e ao respecto de cara á liberdade de expresión e o coidado da cidadanía.

Entre os documentos achegados para a súa difusión encóntranse testemuños das atrocidades levadas a cabo nos cárceres e tamén a denuncia do caso aberto por Alexander Lukashenko contra a premio Nóbel Svetlana Alexievich e o Consello directivo do Sindicato de escritoras/es de Bielorrusia.

Desde a AELG manifestamos o noso apoio á loita pola liberdade de expresión e polo diálogo e condenamos calquera acto de violencia referido á situación en Bielorrusia.

Para coñecer máis información de primeira man sobre esta situación recomendamos visitar: http://europeanwriterscouncil.eu/union-of-belarusian-writers-statement25082020/

O sindicato de escritoras/es bielorruso é unha comunidade creativa de autoras e autores de Bielorrusia. O sindicato aséntase nos principios da liberdade de expresión e de palabra. Loitan para protexer os dereitos das autoras e autores e para desenvolver, promover e popularizar a literatura bielorrusa como un valor integral para a sociedade, esencial de cara á existencia da nación bielorrusa. Fundado en 1933-34, o Sindicato de autoras/es bielorrusas/os é a organización de creativas/os máis veterana de Bielorrusia. Entre os seus membros atópanse a gañadora do Nobel Svletana Alexievich e autores recoñecidos como Uladzimir Niakliaeu, Raisa Baravikova, Ulaidzimir Arlou, Anataol Viarcinski ou Ales Razanaou. https://lit-bel.org/

Seguindo a información obtida a través do Consello de Escritoras e Escritores Europeos (EWC), na tarde o 26 de agosto recíbese a nova de que Svetlana Aleixievich (que fora recluída para un interrogatorio acusada de usurpación de poder) foi liberada. A escritora negouse a testificar en contra propia.

Velaquí as súas declaracións antes do interrogatorio:
"Estou agradecida polo voso apoio, é moi importante, temos que apoiarnos os uns aos outros. Vou (ao interrogatorio) totalmente tranquila, non me sinto culpable, síntome leximitimizada en todo o teño feito. É máis, isto é moi preciso hoxe en día, porque se estamos separados e divididos acabaremos indo a unha guerra civil, é moi perigoso. O noso propósito era o de unir á sociedade, non un intento de golpe (non mencionado). É un argumento fútil que todos nós, 600 persoas (os coordinadores do consello), nos teñamos unido para convencer á xente. Foi a xente quen se uniu, sucedeu fronte os nosos propios ollos, a nación Bielorrusa quere un cambio. Coido que todo o mundo está orgulloso hoxe. E, francamente, non adoitamos sentirnos así nos últimos tempos, e hoxe, cando vemos este movemento de miles de persoas... E deberíades ver que lemas tan fermosos teñen aparecido nos medios de comunicación de occidente como símbolo de Bielorrusia. En outras palabras, os bielorrusos de repente son xente da que o resto do mundo está aprendendo (...) Ofrecemos un novo modo (de reivindicación), non temos que ocupar a oficina de correos e telégrafos, estamos ofrecendo un xeito pacífico de loitar. Un tempo no que a vida humana sexa digna e no que as persoas a valoren".
Fonte: https://www.facebook.com/litbel/posts/1621796531315372 vía newsletter da ECW.

Asemade, desde a EWC estanse a organizar diferentes actos de apoio á causa bielorrusa a través de comunicados a prensa, a diversos políticos e á difusión das novas e situación actual da realidade bielorrusa a través do consello de escritoras e escritores do país.
AELG: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
AELG: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES