Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O equilibro en movemento

sábado, 29 de agosto de 2020
Quero sentar debaixo dun loureiro, pero vexo que morro cuspindo cara ó ceo. Morrer é moi triste. Xa hai uns cantos anos que morrín unha vez e notei como me levaba o demo. A verdade é que non sei quen me resucitou e por que me resucitaron. Resucitar a un morto tamén é moi triste. A ver, xa estaba todo descansado e, agora, toca andar de novo por este Pingas de Orballo: O equilibro en movementoval de lágrimas. Desde aquela vez que morrera, non volvín morrer máis. Por agora. Xa digo que me vía morto cuspindo cara ó ceo. Cuspir cara ó ceo é o mesmo de triste que morrer e resucitar, porque o esgarro ou o esputo pódeche caer de plano sobre a túa propia cara. Si, algo noxento, pero... non cuspir para arriba, raio!
Quero vivir entón sobre a miña propia conciencia. Que adoita ser boa, aínda que ás veces tamén a leva o demo. Este personaxe fai e desfai moito ó seu antollo. E tampouco é plan ese. Imos ter que empezar a dobregarlle o rabo. A conciencia que teño sobre certas cousas, asuntos ou persoas é moi equilibrada, pois todas as mañás ó erguer intento poñela sobre unha balanza. Perdo un pouco de tempo, pero saio á rúa feliz e contento. Cando saio desta maneira os meus sorrisos son abertos, aínda que de cando en vez asoma o puto demo. Este personaxe anda que anda intentando comerme a moral, pero eu sempre o acabo vencendo. Son o heroe deste tempo. Deste tempo no que vivo. Porque, lembrade, que xa morrín unha vez. E notara como me levaba demo. Non me levou de todo porque aquí estou de novo. E coa conciencia moi tranquila, moi equilibrada. A vida debe ser o equilibro en movemento.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES