Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Retroceder nunca, renderse xamais

jueves, 27 de agosto de 2020
Xusto cando me metín polo atallo (enténdese que é para atallar, é dicir, para facer máis curto o camiño) foi cando o vin ó momento, alí, medio colgado da galla dunha cerdeira que atravesaba. Era el. Coñecino nun alento, nun alustro. Era o bicho. O puto coronavirus. A verdade é que a impresión foi moi forte. Incluso me asustou. Eu levaba posta a mascariña Pingas de Orballo: Retroceder nunca, renderse xamais(case prefiro chamarlle bozo, pero por ir cos demais...) e entendo que non debería meterse en min. Pero tamén se me deu por pensar de cando sulfataba a viña; que o facía con máscara e, non obstante, tragaba máis sulfato que a propia vide. Así é que non me quedou outra que recuar, que cear, ou sexa, ir para atrás. Pero volvín pensar que, a min, un miserias coma ese non me facía retroceder. Xa sabedes: retroceder nunca, renderse xamais (recoñezo que ás veces son moi peliculeiro). Non me quedou outra que plantarlle cara. "Oes, ti, miserias, quítate do camiño ou mándoche un 'trump-azo' que te transporto ó universo dos alieníxenas". E quedei tan campante, tan tranquilo. Agora ben, non vai o puto coronavirus que se lle dá por asubiar para atraer ó instante uns quince ou vinte bichos deses! Agora si que me acolloei, que me acovardei. Eu non quería recuar, pero ante tal panorama, non me quedou outra que marchar a Macendo, coller a máquina de sulfatar e volver correndo. Vai saber ese Covid-19 o que acontece cunhas pingas de sulfato. Cando me plantei de novo ante os bichos, xa había unha manda deles do demo. "Ai si"; deille á manivela e púxenos perdidos. Vin como caían un detrás do outro. Ó final crucei polo atallo. Ai logo!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES