Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Personaxes medievais (II)

jueves, 24 de abril de 2008
Personaxes medievais das Terras de Pallares (II)

O CONDE MUNIO RODRÍGUEZ

Este magnate medieval era fillo do tamén conde Rodrigo Romáez, que casara coa condesa Elvira Rodríguez, filla á súa vez da condesa Odrocia, descendente da familia fundadora do mosteiro de Ferreira de Pallares, aínda que na posterior documentación de Ferreira do século XIII se identifica erroneamente como matrimonio a Rodrigo e a Odrocia, cando en realidade son xenro e sogra.

O seu nome aparece por primeira vez nos diplomas deste cenobio en xullo de 1034, ano no que os irmáns Aldonza, Aragonta e Munio Rodríguez, filiis comite Roderico Romaniz et eius coniungea comitissa Geluira Ruderiquiz, se doan mutuamente os seus bens se non teñen fillos. Entre as pertenzas obxecto de testamento figuran diversas herdades, castelos e mosteiros, así como o aumento do patrimonio que se produza ata daquela (AHN, Clero, Lugo, Ferreira de Pallares, 1082/5).

En 1061, a condesa Odrocia, coa súa filla Elvira e o seu neto Munio Rodríguez subleváronse contra o rei Fernando I, apoderándose de Monterroso e doutros castelos da Coroa chamados Grauulio, Alua de Bubale e Nouula, como se relata no apéndice XCIV do vol. II da Historia de la S.A.M. Iglesia de Santiago, de López Ferreiro.

Casou en primeiras nupcias con Ximena Ordóñez, con quen tivo dous fillos, que responden aos nomes de Rodrigo e Sueiro Muñiz. En decembro de 1074, xa conde, fai doazón á súa segunda esposa, Aldara Velázquez, de varias propiedades recibidas dos avós e dos pais, herdades que despois da súa morte pasarán aos seus fillos, entre os que destaca Elvira Muñiz. A importante doazón inclúe tanto mosteiros coma outros bens e propiedades, algunhas delas bastante afastadas das terras de Pallares. Entre estas herdades podemos citar as situadas nas proximidades de Ferreira de Pallares, así como outras localizadas en Sirvián, Entrambasaugas, Montouto, San Martiño de Narla, Ulloa, Ribadulla, no Deza, en Lalín... (AHN, Clero, Lugo, Ferreira de Pallares, 1082/6).
Vázquez García, Carlos
Vázquez García, Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Xubilouse Ferrín: Ferrín, setenta anos, profesor, xubílase da docencia. É noticia, porque é un...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información