Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mascariñas

viernes, 31 de julio de 2020
Poucas modas se impuxeron con tal velocidade como as mascariñas que agora todos levamos pola razón da forza, e case tamén pola forza da razón. Claro que o resto das modas non se impón “manu militari”.

Se ao comezo non había nin para surtir aos profesionais da saúde, as farmacias colocaban letreiros de “Non hai mascariñas”, e se dubidada da súa bondade, en canto as houbo, recomendáronas os especialistas, máis para non contaxiar ca para non contaxiarnos, e agora son xa obrigatorias como un eficaz medio contra a difusión da pandemia. E se ao comezo houbo que mercalas ata na China, agora mércanse nos chinos, nas farmacias, nas grandes superficies, nos mercadiños, agardando que moi axiña nolas vendan pola rúa coma os chisqueiros, bolígrafos ou panos das mans de papel.

Andar por Lugo agora é como ir de incógnito, coa metade con problema para identificar a outra metade, e as colas semellan a rodaxe dunha especial película de vaqueiros na que os disciplinados ladróns agardasen o seu turno para atracar o banco. E ollando as cores das mascariñas que invaden as rúas, vemos que predominan as azúis como nunha global competición por honrar a nosa enseña, o cal fai pensar que temos tapando a boca, o soporte publicitario perfecto. Nas pasadas eleccións xa houbo propaganda partidaria neste persoal soporte, aínda que só os máis devotos son quen de levar a súa fe como mascarón de proa.

Xa que hai que levala, portemos convencidos e ledos a obrigada mascariña, sabendo que nos evitará enfermidades, e co talante preciso para darlle a razón a Curros de que levamos “na fronte unha estrela e no bico un cantar”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES