Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Guerra ao galego!

sábado, 19 de abril de 2008
Seguimos á beira dos camiños da vida. E preocupados polas persoas e comunidades máis marxinadas da súa beira. Sobre todo no rural. As que, noutrora mantiveron vivas (e seguen a manter) a nosa lingua e a rica cultura popular. ¡Uns dos meirandes signos da nosa identidade!

Á desfeita da fuxida masiva da xuventude rural (só en Lugo, 9.106 no 2007) e aos problemas causados polos baixos prezos do leite e a carne, da falla de servizos básicos, das liortas pola supresión da ESO en varios concellos e da lentitude na aplicación da Lei de Dependencia... hai que engadir a absurda e innecesaria pelexa sobre o emprego do galego na propia Terra.

Por se fosen poucos os problemas para sobre/vivir, están a rexurdir escandalosas escaramuzas (con insultos e ameazas) por mor da aplicación da Lei de Normalización Lingüística que foi aprobada no Parlamento. Seguimos coas rebaixas, suspicacias e menosprezos. Fomentando discriminacións a favor e/ou en contra do seu lexítimo uso. Ata se chega a falar de tiranías.

Non debe haber imposicións en ningunha das direccións. Temos liberdade dabondo para o uso de calquera delas. As dúas son válidas e lexítimas. Ámbalas dúas utilizables en liberdade, a pesar das contradicións que se están a dar neste noso País das incongruencias. Fago miñas as verbas dun veciño de Lalín que o pasado venres afirmaba neste diario (La Voz de Galicia): “Hai xente que protesta porque no fondo só quere ver o galego en conserva, ou na vitrina dun museo” E remataba preguntándose ”¿Onde quedan os dereitos tamén dos galego/falantes, cando máis do 80% fala galego!?. ¿Canto tempo vai resistir unha lingua nesas condicións!?”
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES