Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hoxe é un gran día

martes, 28 de julio de 2020
Santiago de Compostela, a capital, e toda Galicia, explotan de xúbilo hoxe, cando os galegos honramos ao noso patrón que o é tamén de España.

O 25 de xullo é un gran día para este país, posto que se vive desde diferentes prismas e Hoxe é un gran díaforma parte como celebración da nosa historia máis recente.

Por iso é tan especial. Sí, Galicia está de festa e hoxe celebramos o seu día nacional. Nel conflúen o lúdico, o oficial, o oficioso e as cuestións da fe.

É a noite do lume, a parada militar, a ofrenda, a manifestación, o mitin, a verbena popular ou o gran concerto.

É dicir, a festa total. Políticosocial, relixiosocultural, tradicional… E aínda que Santiago de Compostela é o epicentro da celebración os actos conmemorativos na honra do patrón esténdense a todo o país.

Sempre foi así.

Naceu como festividade relixiosa co costume de peregrinar a Compostela. A Igrexa católica chámao Día do Apóstolo Santiago, en cuxa honra se levantou a magnífica catedral, testemuña pétrea dos actos relixiosos e tamén dos sociais e lúdicos que se celebran na súa contorna.

Durante a primeira metade do século XX, o 25 de Xullo tivo tamén un carácter cultural, liderado polos pais do galeguismo da época, que encabezaba Alfonso Rodríguez Hoxe é un gran díaCastelao. Celebrábanse entón xogos florais e concursos de música popular, ademais dos típicos festexos en honra de Santiago, organizados polo concello.

A substitución daquel nacionalismo cultural tomárona outros mozos políticos, mesmo durante a ditadura franquista, quen reconverteu aqueles actos nunha festa reivindicativa, con manifestacións que terminaban sempre disoltas pola policía estatal.

E así naceu o Día dá Patria Galega, a gran cita do nacionalismo e do galeguismo, á que conceden gran importancia os partidos da esquerda nacionalista.

Con todo, desde que Galicia ten o seu propio goberno autónomo, o 25 de Xullo é oficialmente o Día de Galicia e nel celébranse toda unha serie de actos oficiais que desembocan na gran festa para celebrar que somos un país de verde pel ao que conducen sete camiños polos que chegan xentes de toda raza e condición. Con cultura e identidade propia herdada de reises sabios e de poetas capaces de converter a ausencia nunha fermosa arte literaria, expresada no noso idioma, nobre e armonioso, nado para a expresión falada e para as letras, hai máis de mil primaveras.

Pero o 25 de Xullo é, á marxe deste tipo de celebracións institucionais e relixiosas, a festa grande de Compostela e de media Galicia.

A noite do 24 xa cheira a pólvora dos fogos artificiais máis vistosos, que iluminan con mil colores o ceo do País. Hai concertos para os máis novos e para os que non o son tanto, e mesmo toca a orquestra na vella alameda, os ritmos tropicais.

Tamén, na semana grande da modernidade compostelá, os protagonistas son os miles de peregrinos que fan coincidir co 25 de Xullo a súa arribada á catedral do Apóstolo.

Os galegos non esquecemos nunca que en Santiago, o fillo do Trono, está a orixe das peregrinacións e do noso turismo…

Nembargantes ista vez, pese a nova normalidade e ainda que a Covid-19 xa non faga tanto dano no noso país, as celebracións lúdicas e relixiosas e mais os actos oficiais, han de ter as limitacións as que nos obriga un estado de pandemia que ninguén esperaba. Teremos que conformarnos con ver os fogos desde a casa, gardar distancias sociais e por mascarilla de xeito permanente nas celebracións. Non será o mesmo… pero no noso ánimo estará o pensamento de que o ano que ven voltaremos a recuperar a nosa identidade, neste día no que conflúen os nosos sentimentos patrios co espíritu da festa, a nosa cultura e mais as cuestións da fe.

Porque seremos nos mesmos os que venzamos ao inimigo nesta guerra vírica que nos chegóu imposta dende outras partes do mundo e que matou a 619 galegos.

Hoxe mais que nunca… ¡Viva Galicia!
Rodríguez, Xerardo
Rodríguez, Xerardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES