Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A poesía de Avelino Díaz en Debezos (21): 'Lonxanía' (1)

viernes, 04 de septiembre de 2020
Volvemos a estar diante de dez cuartetas asonantadas de carácter popular de versos pares rimados e impares soltos. Arredor do 1250, un xograr, Xohán Zorro (2), introducía A poesía de Avelino Díaz en Debezos (21): 'Lonxanía' (1)cuartetas nas combinacións das súas Cantigas, polo tanto é, das nosas letras, unha estrofa ben antiga, antes incluso que o castelán, e que Avelino no século XX continúa nesta composición estrófica de versos octosílabos e rima asonante.

O autor podía facer un romance se eliminase os espazos intermedios entre cuartetas pero por algunha razón que descoñecemos, preferiu a cuarteta ao romance; se cadra é por ir rematando cada catro versos unha idea e non proseguila na continuidade que lle ofrecía o romance.

O poema está composto por dez cuartetas e podémolo distribuír así:
- 6 Cuartetas: RECORDOS (Propios do AUTOR e do ANTES)
- 2 Cuartetas: TRISTURA (Referida ao HOXE)
- 2 Cuartetas: CONVITE (Invitación ao canto por MOZOS e MOZAS)
-------------------------------------------------
- 10 Cuartetas = "LONXANÍA"

1.- RECORDOS
Comeza a composición:
"¡Cal voa o meu pensamento
deiqu-a terra de Galicia
donde pasou ledizosa
miña xuventú fuxida!"

Outra vez o desexo, a arela da recordación de Galicia nas seis primeiras cuartetas referidas ao onte, ao antes, á leira infinda de recordos, á leira da súa casa, á cortiña dos seus pensamentos que abranguen e pululan pola súa alma como as abellas dunha colmea onde pasou a súa infancia, o recordo do abrente, dos mediodías, do solpor, das noites estrelecidas, mais tamén dos estados de pracer: das ruadas, das fías, dos rapaces, das festas e das romarías; e aínda os outros praceres máis pequenos, que non menos importantes, como as brincadelas polos prados, os rumores, as troulas, as cantigas e o "/ollar dos olliños gazos/ d-unha rapaza garrida/"...
"¡Tantas cousas que pasaron
i-están pra sempre perdidas!"

Rematando a cuarteta con este máxima de sabedoría e dor polo descontento da súa alma
"¡Ai bon Deus, se se poidera
volver a empezar a vida!"


2.- TRISTURA
Continúa o poema con dúas cuartetas referidas ao hoxe, mais o hoxe é outra leira non querida, a leira que está lonxe da casa, lonxe da patria e a menos amada dos donos e que comeza así:
"Agora, lonxe da patria,
terra allea, nordesía,
fonda saudade na alma,
i-en todo tristura infinda!"

Fixámonos nas palabras preñes de tristura, todas elas non sabendo cal é a máis dura ou a máis triste: "lonxe da patria", na "terra allea", "nordesía, fonda saudade na alma, tristura infinda". ¡Meu Deus! Aquí temos a Avelino enchendo de sentimentos o que toca, ao pensamento continuado ao longo da súa vida e ao desterro da súa alma, que non é o mesmo que o do corpo; o corpo lévase co pensamento e déixase nun espazo, e alí queda, pero o desterro da alma equivale ao desterro do pensamento, e este é un "continuum", é unha inquedanza, un estar para pensar e un pensar para sufrir. ¡Pobre Avelino!
"xa teño meu pensamento
cansado de lonxanía".


3. CONVITE
A pesar desta tristura e deste desacougo da súa alma, sempre entra no poeta un raio de A poesía de Avelino Díaz en Debezos (21): 'Lonxanía' (1)luz que xermola nos corazóns "a semente da alegría", por iso nas dúas últimas cuartetas convida aos rapaces, ás mozas e aos mozos para que fagan cantigas:
"Cantade mozas e mozos,
dade ó vento as armonías
pra que as leve i-ás espalle
pol-a terra de Galicia"

"Dalle ao vento as armonías". Que beleza!, que alimento espiritual! Que o fornece para escribir da súa Galicia, a súa lembranza continuada, o seu amor non correspondido; porque Avelino é un amador que como o Quijote ou o Amadis de Gaula ten a súa moza, a súa dama (Galicia) da que non espera nada, mais tenlle un afervoado amor a pesar dos desdéns ou do abandono dos nosos para cos emigrado, onde cantar supón a oposición á tristeza, á dor, supón abandonar os sentimentos continuados de desespero e poñelos todos xuntos nunha cantiga, pero esa cantiga volverá a ser recordo, e os recordos convértense outra vez en dor que alimenta a súa vida, é cousa de nunca acabar na retroalimentación do desespero.

NOTAS:
1. Opera cit. Páxs.54-55.
2. NAVARRO TOMÁS. T.- Métrica española.Ed. Labor. Barcelona 1995. Páx.68.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES