Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A poesía de Avelino Díaz en Debezos (18): '¡Ave Rosalía!' (1)

viernes, 14 de agosto de 2020
Está composto o poema por dúas estrofas. A primeira de dez versos octosílabos, que son os preferidos polo autor. O octosílabo é o máis popular dos versos e tamén un dos máis A poesía de Avelino Díaz en Debezos (18): '¡Ave Rosalía!' (1)empregados na lírica xunto ao hendecasílabo que xa é máis culto. Na primeira estrofa volvemos ter unha décima, tamén curiosa, por non seguir a rima tradicional formada, como sabemos, por dúas redondillas e dous versos de enlace. Nesta, os tres primeiros versos non teñen rima e os seguintes riman así (- - - deddedd).

A primeira estrofa segue a pauta dunha "Avemaría". No comezo "Deus se goce, Rosalía" equivale a "Deus te salve María". No segundo verso "de te ver chea de gracia" corresponde a "chea es de gracia". O terceiro verso "Nosa lembranza contigo" encaixa con "O Señor é contigo", non volvendo a aparecer versos semellantes ao rezo católico ata os versos oito e nove "como se tén a máis santa/ entre todal-as mulleres", que concorda con "bieita ti sexas entre tódalas mulleres".
"¡Deus se goce, Rosalía
de te ver chea de gracia!
Nosa lembranza contigo
e ti, de nós, ben amada.
Seian os nosos praceres
mostrarche devoción tanta
como se tén a mais santa
entre todal-as mulleres.
E seias de nós loubada
e decote benzoada".

A segunda estrofa consta de doce versos hexasílabos, menos o último que é trisílabo; a rima é (abacdcdeaeae) e corresponde a unha tercerilla (aba) e logo a dúas cuartetas (cdcd:eaea), rematando cun verso trisílabo (e) que rima co penúltimo da rima alterna da última cuarteta.

¡Ave Rosalía! Ou "Deus te garde, Rosalía" son dúas ladaíñas ou oracións que se lles reza á Virxe e aos santos, e neste caso é á Santa Rosalía, á que se invoca o seu nome A poesía de Avelino Díaz en Debezos (18): '¡Ave Rosalía!' (1)seguido dunha breve pregaria para que interceda diante de Deus e para que cando chegue a morte atopemos a súa compaña nos pazos do alén. Parécesenos moito, esta última ladaíña a aquelas que as nosas nais, e supoño que tamén a de Avelino lle rezaba antes de durmilo cando era un pícaro. Vexamos algúns versos:
"¡Santa Rosalía
que fuches pra nós
estrela da guía!"
Cando chegue a morte
cando nos finemos,
queira nosa sorte
que paz atopemos
como nos convén
i-á túa compañía,
nos pazos do alén.
¡Santa Rosalía!
¡Amén!"

NOTAS:
1. Opera Cit.- Páx.51
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES