Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A velas vir

martes, 14 de julio de 2020
Alguén me dixo: as cousas ou se fan ou non se fan. Quedei pensando un chisco e deille a razón. Incluso cheguei á conclusión de que se estaba escoitando a Nina Simone, nese momento, non podía escoitar a Camilo Sesto, por exemplo. Pero pasado o tempo tamén pensei que ó mellor non era necesario facer ou non facer; simplemente estar aí, quedarse quietiños e esperar a velas vir. Hai moita xente que está a velas vir. Porque Pingas de Orballo: A velas virconfía en que lle caian os pans cocidos do ceo. Estes días case poden esperar, que está o Lorenzo de tal maneira que pode moi ben cocelos. Mesmo eu, moitas veces, estou a velas vir. Póñome á sombra debaixo dun balcón e, ale, alí de pasmón, a ver se cae un pan cocido, ou un bico, por exemplo, dalgunha nube que pasa por alí correndo. As nubes, por veces, deixan caer uns bicos húmidos que emocionan, que gustan, que refrescan. Claro que se esperas un bico deses ata resultará que é bo estar a velas vir. Pois mira, vou seguir a velas vir; por se aquel. Tamén outro alguén (pero non o alguén primeiro, senón outro) me dixo: ás veces esbardallas ou badúas un pouco. Quedei pensando outro chisco e, mirade vós por onde, tamén lle tiven que dar a razón. A min non me costa nada darlle a razón a quen a ten. E cando non a ten, moitas veces tamén lla dou. El queda a gusto, contento e eu quedo tranquilo, tan pancho, ou sexa... a velas vir. Ufff, canto me costa saír da sombra do balcón. Pero hai que facelo; o tempo pasa e todo ten que cambiar. Mañá será outro día e ó mellor ata volvo a asentar á sombra debaixo dese puto balcón a esperar a velas vir.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES