Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Onde está a caridade?

jueves, 09 de julio de 2020
Foi unha cerimonia relixiosa singular, é dicir non resultou un funeral corrente por eso nos quedou grabado a todolos que estabamos na igrexa esperando polo cura oficiante da Santa misa.

Era unha tarde xélida do mes de Xaneiro, nembargante había unha asistencia multitudinaria maís propia de unha celebración con tempo benigno pois incluso levaron nenos pequenos que se queixaban, ateridos de frío. Ata a mesma igrexa, antiquísima e emblemática, semellaba sentir escalofríos.

Dende a porta esquerda da sacristía accedeu, por fin, o presbítero e a xente púxose de pé, desexosa de encomezar o culto e voltar ó fogar buscando o agarimo e o sosego.

Cando chegou o momento no que o párroco ten que facer unha "laudatio "ou algo así, do finado, fíxoo mais ben sobrevoando, sen mollarse, mais logo escapóuselle unha frase cuestionada pola maioría en voz baixa, < Tiña deficencias morais >, foi a expresión cuestionada, sobre todo na primeira bancada onde estaba sentado un sobriño do finado que murmurou cousas inintelixibles e marchou de aquel lugar, axitadamente.

Decateime, e comigo mais persoas, que non era a ocasión de facer reproches, eso faise en vida pero nese intre non, pois os familiares ,e amigos, necesitan verbas reconfortantes que suavicen a door inmensa no que están sumidos.

Se non se fai pregúntome ¿ onde está a caridade ?

otiliaseijas@wikipedia.com.es.
Seijas, Otilia
Seijas, Otilia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES