Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nova realidade

jueves, 09 de julio de 2020
Sempre se dixo que a vida era dura aínda que sexa o regalo máis preciado que se nos deu.
Sempre se dixo que había que traballar moi duro para conseguir un nivel de vida digno.
Sempre competimos por superarnos, e moitas veces seguindo os pasos de persoas exemplares que ou ben nos precederon ou son coetáneas.

AS PERSOAS UNIDAS ESTIMULÁMONOS RECÍPROCAMENTE.

-¡Que bonito cando un compañeiro se acerca a outro para explicarlle unha dúbida nos estudios!
-¡Qué bonito é acercarse a unha persoa para darlle unhas palmadiñas ó tempo que lle diriximos unhas agarimosas palabras que lle levantan o ánimo!
-¡Que bonito cando cando se estreitan as mans para reafirmar unha amistade desas que duran toda a vida.
-¡Que bonito cando se felicita a alguén por un éxito acadado cunha aperta ben apretada!
-¡Que bonito cando disfrutamos do sorriso dunha persoas querida!
-¡Que bonito é…

Pois…
MENTRES DURE ESTA ”NOVA REALIDADE”, MOITAS DESTAS MOSTRAS DE AFECTO TERÁN QUE FACERSE DOUTRA MANEIRA.

Os ollos van ser máis que nunca o espello da alma.
Os ollos dos videntes, claro; van ter un protagonismo moi especial, a expresión corporal tamén e… SOBRE TODO AS BOAS OBRAS.
As persoas cegas ou xordomudas xa veñen percibindo a vida doutro xeito.

AFORTUNADAMENTE OS SERES HUMANOS TEMOS UNHA GRAN CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN A NOVAS REALIDADES.

Grazas a esta capacidade, saberemos como resolver os problemas de cada día de maneira que esta “nova realidade” perxudique o menos posible a nosa calidade de vida.

TEÑO MOITA ESPERANZA DE QUE ASÍ SEXA PORQUE NO TOCANTE Á XENTE NOVA:
-Observo criaturiñas de poucos anos que saben que teñen que levar mascariña.
-Vexo rapaciños polas rúas, polos parques das ciudades e polo campo, que xogan alegremente gardando as normas.
-Coido que van saber comportarse moi ben: nas escolas, nos institutos e nas universidades.
-Tamén o saberán facer cando disfruten de momentos de ocio e diversión.

E NO TOCANTE ÓS ADULTOS, CON MAIOR RAZÓN.
Certo que algunhas persoas non levan a máscara posta; pero non sabemos as razóns.
Tampouco é cuestión de xulgalas.

TAMÉN DIN OS EXPERTOS QUE SE NOS APROXIMA UNHA ETAPA DE “VACAS FRACAS, MOI FRACAS.”
Pero situacións así tamén as sufriron en tempos pasados e souberon adaptarse ás novas realidades.

NÓS TAMÉN NOS ADAPTAREMOS:
En primeiro lugar porque queremos saír con ben desta situación.
En segundo porque temos que deixarlle un bo legado ós que veñen pisándonos os calcañares.
Que… ¡Por certo!
Veñen pisando forte. E FALTA LLES VAI FACER PISAR FORTE...

Van ter que “DARLLE MOITA LEÑA Ó VIRUS” apretando moi duro os cóbados para conseguir unha vacina que erradique esta pandemia.

E van ter que “BOTAR CONTAS” porque lles toca vivir unha etapa de transformación socio-económica importante.

Pero, entre todos, seremos capaces. ¡Claro que seremos!
“SEREMOS CAPACES”
Este será o título do seguinte artigo.

Seremos capaces porque, entre outras cousas, contamos con persoas como vostede que xa ten experiencia en loitar polos seus soños e sabe moi ben como hai que facer.
Por eso lle quedo moi agradecida e tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.

Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES