Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A dixitalización da historia

miércoles, 08 de julio de 2020
Esta semana atopei no Facebook unha páxina ben interesante á que dediquei e estou seguro de que seguirei dedicando o meu lecer dixital. Tamén estou seguro de que unha boa parte das miñas amizades gozarían co seu contido. Así que direi que se trata de Pegatinas Políticas Miguel. Neste espazo recupérase dixitalizada propaganda política electoral de todas as cores xunto con carteis anunciadores de distintas loitas. Quizais cómpre destacar a colección de carteis pro ou anti autonómicos dos referendos desenvolvidos nas distintas comunidades.

Nunha primeira consideración hai que agradecerlle a Miguel a recolla, a posta a disposición xeral e a súa vontade de compartir e intercambiar. Despois cómpre saber que día a día pásanos polas mans a historia do mañá; recollela e documentala é un bo xeito de aportar unha pegada enriquecida coa visión do vivido.

Vivir fainos portadores da historia; polo que gardar os vestixios que contan pode ser, ao mesmo tempo, un xeito de manter a memoria na vellez e un legado no que os noso devanceiros comprendan o devir dos feitos.

Como Miguel conservemos, dixitalicemos e compartamos todas as opinións, todas as posicións e todas expresións porque todo é historia e a historia é cousa de todos nós.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES