Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unidos na distancia

jueves, 02 de julio de 2020
Pois si.
Todos botamos en falta o contacto físico entre as persoas que apreciamos:
-Poder dármonos unha aperta desas que chegan á alma.
-Poder xuntarnos para facer unha celebración sen límites de distancia.
-Poder visitar ós amigos sen medo a contaxialos nin a contaxiarnos.
-Poder contactar como se veu facendo toda a vida…

Pero non.

NON É POSIBLE:
-Porque temos que levar máscara que é moi incómoda.
-Porque temos que gardar dous metros de distancia co interlocutor.
-Porque todos levamos incorporada a inseguridade…

NON É POSIBLE PORQUE AS CIRCUNSTANCIA MÁRCANNOS LÍMITES.
As circunstancias márcannos liñas vermellas moi perigosas.

TODOS TEMOS MEDO.
Uns máis e outros menos; pero todos.
Moitas persoas xa teñen pánico.
E esto vai para largo…

Certo que a vida ten que continuar.
Certo que as autoridades din que todo está controlado…
Pero o medo é libre.

Algunhas persoas vense obrigadas a “saltar” as normas de seguridade por motivos derivados da súa condición socio-económica.
Teñen que vivir hacinados ou dormir ó raso.
Tal é o caso dos traballadores temporeiros, dos sen papeis e de multitude de persoas que viven en extrema necesidade...
¡Pobre do pobre!

Son presa moi fácil para o virus por carecer de recursos.
¡Pobres criaturas!
As autoridades intentan poñer algúns remedios, pero son insuficientes.

Outro caso ben diferente é o das persoas que se xuntan para facer celebracións multitudinarias sen medidas de protección.
Neste momento son pouco ou nada recomendables.

Total: que a proximidade física está prohibida en moitos casos se non queremos expoñernos a morrer da peor das maneiras.

PERO ESO NON SIGNIFICA QUE NON TEÑAMOS QUE SEGUIR QUERÉNDONOS, APOIÁNDONOS E SENDO MÁIS SOLIDARIOS QUE NUNCA.

O QUE NON PODE FACER O VIRUS E ROMPER AS AMISTADES E AS BOAS RELACIÓNS EXISTENTES ENTRE AS PERSOAS.

Agora afectivamente temos que estar máis xuntos que nunca .
TEMOS QUE SEGUIR UNIDOS: LEVARNOS NOS CORAZÓNS.
SEGUIR MÁIS UNIDOS QUE NUNCA.

Imos botar moito en falta as apertas, os bicos, os aloumiños e a cercanía física de moitas persoas que temos en moi alta estima.
Será outra maneira de vivir completamente diferente.

Temos que adaptarnos a esa nova situación que algúns deron en chamar: “nova normalidade”.
A min paréceme que de normalidade non ten moito.
O que si é: “unha nova realidade”
Unha nova realidade dura de dixerir.

“NOVA REALIDADE”

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nestas circunstancias tan especiais que nos toca vivir.
Pero coa axuda de Deus e a nosa colaboración, confiamos saír desta canto antes.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES