Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O tren que me leva...

viernes, 11 de abril de 2008
O tren que soportamos ten un aire nostálxico como a xa vella canción de Andrés do Barro... O tren lévanos pola beira do río no sur da provincia de Lugo, pero o tren non nos leva polo noso camiño porque o tren perdeu o tren; o tren, como medio de locomoción, quedou arrumbado no baul das nosas lembranzas e moitos esforzos, moito investimento, moito traballo terán que facer os seus rectores para que o ferrocarril volva figurar en lugar distinguido das nosas preferencias viaxeiras.

Ir a Madrid desde Galicia en automóbil propio son pouco máis de catro horas. En tren, como mínimo, oito.

Desde estes días, o traxecto supón vinte minutos menos porque entre Olmedo e Medida del Campo funciona un tramo de alta velocidade. A esto hai que sumar outros vintecatro mellorados anteriormente, co que o recorrido este ano leva tres cuartos de hora menos que en 2007.

Sen dúbida, é un avance importante en termos absolutos. Pero tendo en conta as cifras de partida a mellora é aínda moi pouco significativa á hora de considerar a situación actual dun medio de locomoción que naceu chamado a ser redentor da pobreza, “Cristo dos tempos modernos” para Curros Enríquez, sinal absoluto de progreso para este país do noroeste tan lonxano do poderoso centro.

O tren deberá seguir mellorando para que, imperceptiblemente, vaiamos modificando o noso criterio e que, paso a paso, vaiamos tendo coñecemento do rexurdir dun sistema que lonxe de ser un estorbo na moderna xeografía das nosas cidades ten que volver a ser un elemento imprescindible para a vida e o progreso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES