Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (10)

jueves, 25 de junio de 2020
Algunhas consideracións antropolóxicas sobre as festividades do 'Val de Lourenzá'

O "Conde Santo", malia estar relacionado cunha comunidade parroquial, tivo nos seus inicios un importante territorio de graza de cara ó exterior debido as curacións e arranxos de problemas, que levaba a cabo. Non embargantes, a súa área de influencia foi decrecendo ata quedar reducida actualmente ó concello de Lourenzá e algúns municipios colindantes do interior e da mariña.

Este descenso debeuse probablemente a que nesa área apareceron novos santuarios Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (10)adicados a distintas advocacións de Cristo, da Virxe e doutros santos, o que deu lugar a que moitas persoas acudisen a outros recintos sacros máis próximos coa finalidade de buscar solución ós seus problemas.

Nun principio os milagres do "Conde Santo" transmitíronse por medio dos monxes benedictinos, rectores do santuario; co paso dos anos os fieis do "Conde Santo" encargaronse de dar a coñecer o seu poder benefactor entre outros coñecidos e devotos.

En todos estes milagres o sartego é o obxecto fundamental sobre o que o "Conde" proxecta a súa sacralidade. Polo tanto, compre que os fieis se impregnen da mesma, tocando o sarcófago ou metendo un dos seus dedos nun oco, situado na parte inferior dereita, como medio para sandar doenzas ou solucionar diferentes problemas.

O milagre pode chegar a ser, segundo A. Muñoz, a concreción positiva dun acto de fe polo que se vincula o beneficiario dunha gracia cunha imaxe de devoción. Na maioría dos portentos non faltan as referencias básicas, como poden ser, a persoa beneficiada, a descrición da doenza ou problema e as condicións da concesión.

Así mesmo, a festa da faba, de recente creación para exaltar un producto gastronómico, posúe, tamén, unha área de influencia maior que a do "Conde Santo", xa que abrangue máis espazo do interior e da mariña.

Ademaís, as persoas que concorren a este evento veñen só co propósito de mercar algúns productos e pasar algunhas horas de lecer.

De todos os xeitos, entrambalas dúas festividades hai uns elementos comúns vinculados coas dimensións identitaria e profana. Tanto o "Conde Santo" como o producto gastronómico da faba constituen actualmente relevantes símbolos locais, que serven para expresar unha identidade comunitaria. Segundo Lisón Tolosana, ámbalas dúas actúan como paradigma da virtude e da moral, propiciando un sentido cívico comunitario, que queda reflectido en momentos de crise da comunidade como doenzas, defuncións e topo tipo de problemas que poidan afectar á comunidade parroquial no seu conxunto.

Por outra banda, tanto na vila de Lourenzá como nas parroquias de Santo Tomé e San Xurxo, hai festas nos barrios da Cazolga (Lourenza), Canedo e Oural (Santo Tomé) e Santo Estevo (San Xurxo). Pois ben, as festas de barrio -segundo González Reboredo- convírtense nun referente importante de identidade inmediata contando cun santo que recibe veneración nunca capela. As festas de aldeas, barrios, lugares... son unha imitación das parroquias, xa que amosan unha dimensión relixiosa, reflectida na misa solemne e procesión, e outra profana, expresada por medio do baile.

Bibliografía.
Blanco, J., M.ª del Mar Díaz, e T. Saldaña: Fiestas gastronómicas, A Coruña, La Voz de Galicia, 2004 (Galicia en guías, núm. 5).
Casalderrey, F., e M. García: Festas gastronómicas de Galicia, Vigo, Xerais, 1995².
Flórez, Fr. E.: La España sagrada. Teatro geographico-histórico de la Iglesia de España. Origen, divisiones y límites de todas sus provincias. Antigüedad, translaciones y estado antiguo y presente de sus sillas, con varias disertaciones críticas, Madrid 1974; t. XVIII.
González Reboredo, X. M.: Guía de festas populares de Galicia, Vigo, Galaxia, 1997.
Lence-Santar y Guitián, E.: «Villanueva de Lorenzana (I-El Monasterio y II-El Conde Santo)», en I. Fernández Villalba (comp.): Mondoñedo. Regreso al Pasado IV, Publicaciones del Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo, 2002.
López González, X., e M. Román Ramos: Vivir unha vida. Francisco Fernández del Riego, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 2001.
López Nocedal, M. J.: Aportacións á cultura popular de Lourenzá (inédito).
Otero García, C.: «Lourenzá», en Galicia, pueblo a pueblo, La Voz de Galicia, 1993.
Santos San Cristóbal, S.: «Lorenzana (Vilanova)», en Inventario artístico de Lugo y su provincia, Madrid, Ministerio de Cultura - Centro Nacional de Información Artística y Arqueológica, 1980; t.III.
El Monasterio de San Salvador de Lorenzana, Mondoñedo, Sucesor de Mancebo, 2000.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES