Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os poemas que nos pasamos no confinamento (V)

miércoles, 17 de junio de 2020
Neses días de poesía estremecida estábamos pechados na casa. O único que diferenciaba un día doutro era a saída a facer a compra para a alimentación diaria.

Un ritual que se repetía e que nos obrigaba a sacar a cabeza pola fiestra era o aplauso das oito da tarde. Todos os días ás oito mirábamos por ver se había vecinos con quen intercambiar un sorriso, facer un sinal; algúns animáronse a cantar e outros a tocar algún instrumento para facer máis levadeiro o confinamento. A música sempre acompaña ben e axuda a unirnos. Na casa do lado un avó e unha neta tocaban o piano, aínda non sei distinguir quen é o que o fai, pero moitas veces en sesión de mañá e anoitecida acompañan o silencio con notas.

Pechados, pensamos na viaxe, saír e ver novos lugares marchar para poder volver. Viñeron as evocacións dos clásicos e con eles Itaca, a patria de Ulises, á que tardou en volver días que non se contan. Alguén trouxo a Kavafis… coa súa Ítaca.

“Cando comeces a túa viaxe a Ítaca
pide que o camiño sexa longo,
pleno de aventuras, pleno de experiencias.
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes,
ao irado Poseidón non temas:
nunca atoparás criaturas tales na túa ruta
se mantés o pensamento elevado, se unha
selecta emoción o teu corpo e espírito ilumina.
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes,
ao feroz Poseidón non acharás.
Non, se non é a túa alma a que os alberga;
non, se non é ela a que chos mostra.

Pide que o camiño sexa longo.
Que sexan moitas as mañás de estío
que -con que pracer e ledicia!-
te conduzan a portos nunca vistos;
detente ante os mercados fenicios
e adquire as mellores mercancías,
madreperlas, corais, ámbar e ébano,
e toda sorte de perfumes sensuais,
tanta variedade deles como atopes;
vai a moitas cidades de Exipto
e aprende canto poidas dos seus sabios.

E leva sempre Ítaca na túa mente.
ela é a túa meta, o teu destino.
Mais non apresures nunca a túa viaxe.
É mellor que dure moitos anos
e recales na illa sendo vello,
rico de canto acadaches no camiño,
sen agardar que Ítaca te enriqueza.

Ítaca xa che deu tan fermosa viaxe.
Sen ela, nunca emprenderías o camiño.
Que máis pode ofrecerche?
E se a atopas pobre, non é que Ítaca te enganase.
Sabio como serás e con tanta experiencia
ben comprenderás o significado das Ítacas.”

A voz de Llach parecía retumbar detrás do poema, porque con el quixeramos ir moitas veces a esa Itaca que igual non nos ofrecía ninguna riqueza pero si as aventuras dunha vida de coñecemento.

Alguén,tamén, se acordou de Penélope e trouxonos o poema de Xohana Torres que invita a todas as mulleres a navegar, compartindo a maxiacoshomes. Nóstamén!

“PENÉLOPE

DECLARA o oráculo:
“Que a banda de solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.

Que ramos de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.

Que acades desas patrias a vindima.
Que amaine o vento, beberás o viño.

Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons.”

Así falou Penélope:

“Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMÉN NAVEGAR”
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES