Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Douche o que queiras

miércoles, 17 de junio de 2020
Douche os meus ollos para que vexas a distancia que vai dun balcón florido a un silencio compartido. Ese silencio polo que hai que morder a lingua para non berrar. Ese balcón que asoma ó lonxe e no que se debuxa unha figura que atrapa, que engancha, que encadea. Pingas de Orballo: Douche o que queirasDouche os meus oídos para que escoites o ouleo dun desexo que se queda en auga de bacallau. Aínda que poida que algún tempo chegará para bailar sobre a palpitación dunha pálpebra. Ou correr polo sorriso dunha estrela que escintila, que esmuxica. Douche as miñas mans para que acariñes o sentimento que vai desde unha almofada ata a punta do outeiro onde o lobo oulea polo que non ten. Hai caricias que levantan o espírito. E que resucitan ós mortos. Douche a miña intensidade na concentración dun encontro que, cando se produce, semella que rebenta o mundo, aínda que tan só sexa un latexo dun corazón que, o pobre, non gana para emocións. A vida dá tantas voltas que a realidade mestúrase coa fantasía e os soños esvaecen sobre un imposible que asenta sobre dúas décadas. Douche os meus pés para que corras tras a ilusión que me leva dun lado para o outro, aínda que o camiño estea cheo de atrancos. Obstáculos que te levarán por corredoiras cegas de indiferenza ou por carballeiras cunha escuridade pecha. Douche o que queiras con tal que me leves polo rego sementado de esperanza. Desa esperanza que regarei, sacharei e mimarei para que a historia sexa para sempre un recordo. Un recordo que asenta xa sobre o silencio dunha nostalxia que, ós cachos, derrama bágoas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES