Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eu tamén son portugués!

lunes, 08 de junio de 2020
 Eu tamn son portugus! (Lembrando a D. Antonio Carvalho Calero)

Eu tamén son portugués, gallaécico en definitiva! Nacín no Portugal do Norte, pero iso non me priva de ser da mesma familia; mellor dito, vincúlame! Para comezar, alumaron o meu amencer cunha lucerna idéntica, pois nos 30 aínda había, no meu Castroverde, alternando coas de petróleo, estas, ou parecidas, de aceite.

A figura que acompaña, en forma de vieira, é unha lámpada de graxa ou aceite, que se conserva no Museu da Lucerna, no Castro Verde de Portugal.

¿Como non lles vou ter envexa aos meus irmáns de Portugal se ata teñen un Museo das Lanternas, mentres nosoutros xa esquecemos, incluso, aquelas fachas de palla de mediados do XX?

Despois veu a cera, e máis tarde, o petróleo, que conviviu coa cera unha porrada de lustros; o petróleo, cando a incivil, vendíase de estraperlo, e petróleo houbese, que sempre estaban secos aqueles depósitos de folla de lata, fosen simples candís ou farois con cristal; para aforrar, o tizón nunca pasou de moda ata ben avanzado o XX, e tampouco se esquecera o fachuzo de palla, que, de ben atado, aguantaba todo o recorrido dunha aldea para a outra.

Non estou falando da prehistoria senón do XX, onte mesmo, pero, ¡como non temos museo etnográfico especializado nestas cousas, quen me vai crer? Seguro, seguro que a última xeración, esa que está hoxe nos Grupos Escolares, está desexando que morra este vello para que deixe de contarlles trolas indemostrables.
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES