Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non somos robots

jueves, 04 de junio de 2020
Certo que os robots están cada día máis presentes nas nosas vidas; pero afortunadamente os humanos non somos robots.

Non somos robots, pero a veces queren tratarnos como tales.
Pois non. Temos que poñer límites.
Hai un espazo indicado para os robots, pero os humanos necesitamos comunicarnos físicamente coas outras persoas.
Sabémolo ben cando temos que comunicarnos cunha desas máquinas que moitas veces nos deixan dúbidas que non podemos resolverr.
Tamén o sabe moi ben o alumnado que esta xeira se viu obrigado a comunicarse a distancia co profesorado e viceversa.

O profesorado está completamente desbordado traballando máis ca nunca e seguramente con peores resultados e menos satisfactorios.
A moitos alumnos tamén lles pasa outro tanto.
Como remedio para unha situación como a de alarma, está ben; pero de continuo, non.

Para comunicarnos coas outras persoas non hai nada tan bo como a relación física e personalizada: repíitense as cousas tantas veces como faga falta, aclárase todo o que haxa que aclarar…

Por outra banda xa hai moita escasez de postos de traballo e se sustituimos as persoas por máquinas aínda aumentará o paro.

Ademais hai traballos que non pode facer unha máquina como por exemplo dedicar a atención e a calidez que ofrece o ser humano.

Non é o mesmo ir a unha misa con presencia física que vela na televisión; aínda que a mensaxe sexan boa ou estea aínda máis coidada.

Non ten a mesma calidade a limpeza que fai unha máquina que a que fai a man humana; aínda que a máquina axude.
A máquina axuda pero non ve, nin sente.

Non ten punto de comparación a roupa que lavaban as nosas avoas nos lavadoiros públicos e que poñían a clareo e despois secaban encima dun perfumado seto de mirto; que o lavado e secado das máquinas; aínda que estas sexa imprescindibles hoxe en día en tódolos fogares.

Un bebé no berce non está tan ben atendido cando o arrola unha máquina como cando o arrola unha persoa querida que lle mostra o seu afecto, a súa voz, o seu sorriso, a súa cercanía, a súa compañía...
En definitiva: a súa presenza física.

E no tocante ó coidado dos doentes: que lle pregunten ás persoas que tiveron que pasar por un quirófano ou por unha unidade de coidados intensivos.

E se a enfermidade é terminal…mil máquinas non sustitúen a presenza dunha persoa querida.
¡Que mal o tiveron que pasar as persoas que pasaron á outra vida en absoluta soidade por mor do coronavirus!

SE BEN É CERTO QUE NACEMOS SÓS E MORREMOS SÓS; O CALOR HUMANO NON TEN PREZO.

As máquinas están moi indicadas como ferramentas complementarias, pero nunca sustituíndo ó ser humano no que se refire ó trato coas persoas.

Caso ben diferente son as fábricas de coches, de motos, de avións ou de todo tipo de pezas; nestes casos os robots son unha ferramenta valiosísima e perfecta.

PERO OS HUMANOS NON ESTAMOS FEITOS EN SERIE.

SOMOS SERES ÚNICOS, INIGUALABLES E IRREPETIBLES.
Só ten a fórmula perfecta a Creación, detrás da que está o Creador.

Humanidade é o que máis se bota en falta hoxe en día.

“HUMANIDADE E PROXIMIDADE”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas a tódalas persoas que se fan respectar e non se deixan manexar como se foran robots.

E, como non, moitas grazas a vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.

E, se así o desexa, o próximo xoves volvemos a “encontrarnos” e se non: o importante é que sexa feliz.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES