Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

ONGs moi gubernamentais

viernes, 04 de abril de 2008
ONGs. Organizacións Non Gubernamentais. Ninguén sabe cantas hai: máis de quince mil no noso país. Un número innúmero nas sociedades desenvolvidas. As actividades privadas dalgunhas destas organizacións están minando o espazo público. E poden acabar coa idea de que son os gobernos, e nunca asociacións cargadas de boas intencións, os que teñen a obriga de coidar e atender ós cidadáns. Xustamente cando o pulo rampante das políticas neoliberais está a desmantelar o estado que acubilla e protexe a todos.

Sectores políticos e económicos que cren pouco no estado, apoian e financian a organizacións con ideoloxías antiestado. Proclaman como signo de independencia que son NON gubernamentais, pero moitos dos cartos que manexan son públicos. Hai tantas que a estas horas xa tiñan que estar solucionados os problemas do mundo mundial. Pero non é así. A fenda entre o mundo rico e o mundo pobre cada vez é mais grande. Semella máis fácil ateigar o estreito de Xibraltar con cadáveres de negros e magrebíes que intentar solucionar desde os gobernos os problemas dun continente humillado.

África, América Latina, as nosas barriadas pobres asisten a unha sementeira abondosa de ONGs. Fan un traballo humanitario e son críticas coas dictaduras lonxanas… pero rara vez denuncian a quenes as financian. Poden axudar a un colectivo de mulleres nixerianas pero non se preguntan polas multinacionais USA, alemanas ou francesas que están a esquilmar un dos países máis ricos do mundo. Como é posible que Nixeria, o país máis rico e poboado de África vomite oleadas de inmigrantes a Europa?

Moitas ONGs. moi gubernamentais falan de excluídos, de ‘desechables’, de pobres. Loitan admirablemente nos arrabaldes do sistema pero non denuncian que é precisamente ese sistema o que xenera a pobreza e a exclusión. Non, non é normal esta progresión xeométrica de aparición de novas ONGs. Nin que reciban tantas subvencións públicas. Nalgunhas delas a ausencia de control das súas actividades e gastos está a provocar un rosario de noticias e denuncias de roubos e desvío de fondos para os petos de avispados ‘benefactores’ da humanidade por conta allea.

Os seres humanos temos a necesaria dimensión da piedade pero tranquilizamos tramposamente a conciencia co verniz dos bos sentimentos que disimula pero non soluciona os problemas. Por iso vai cundindo a sospeita de que hai ONGs. utilizadas polo mundo rico como almofadas amortiguadoras das explosións de cólera e os excesos de desesperación.

Ninguén pode negar que hai persoas que dan o mellor de si mesmos ata límites heroicos en traballos dunha entrega admirable e condicións durísimas. Tamén é certo que os poderes públicos xamais lograrán solucionar todas as inxusticias e todas as desigualdades a pesar de contar con poderosas ferramentas de redistribución. Pero a loita por un mundo cun rostro humano non pode estar guiada pola compaixón senón pola xustiza. Hai ONGs moi decentes. Hainas tamén que inconscientemente poden contribuír coa súa acción a consolidar as fendas da inxusticia.

Necesarias son as que teñan unha actividade paliativa, incómodas co poder denunciando o sistema inxusto, canalla e depredador dos estados ricos. Sobran as ONGs moi gubernamentais, aquelas que disfrazan con ‘caridades’ adormentadoras o sono revolucionario da igualdade, da fraternidade e da liberdade.

Ese debería ser un sono globalizador para todas, para todos, e non só para un clube humanitario de exquisitos, que monopolizan o estado, pero xamais necesitarán de ningunha ONG.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O custo de ser vello: Andan os cataláns medio revoltos polo tema da financiación autonómica, loita...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información