Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Un obxectivo glorioso

jueves, 28 de mayo de 2020
O jazz de Lester Young déixase caer sobre a esencia dunha melancolía que non ten fin. Porque hai instantes, momentos, ocasións nos que un sorriso te eleva sobre a conciencia dun atardecer. Como hai minutos nos que os segundos se fan eternos e nos que as horas non van Pingas de Orballo: Un obxectivo gloriosomáis alá dun suspiro. A vida, ás veces é ben complicada, incluso triste, pero sempre, sempre chega unha palabra, un xesto, un latexo para que a felicidade volva ser dona e señora da miña existencia. Din que todos os camiños conducen a Roma. Pero hai atallos nos que engarro coas cores dun sentimento ou nos que tropezo cunhas palabras cheas de consenso. A realidade vai moito alá dun pensamento que furga por entre as sabas do insomnio. Porque ó non durmir, soño e ó soñar, gozo. Definitivamente, a vida non é tan complexa, tan incerta. A vida é un ruxerruxe que me mantén esperto. O jazz de Lester Young penetra coa suavidade dunha nostalxia, como cando o silencio asoma polos entreforros dun peito abrigado pero a piques de rebentar. Porque hai palpitacións que mancan -pero con agarimo-, a placa torácica. Deixo correr pola cara as pingas de orballo que baixan dos ollos. Sempre haberá algún momento no que a soidade queira afogar unha sensación eterna, fermosa e única. Non obstante, o jazz de Lester Young conducirame polo carreiro dese sorriso que sempre está aí para que camiñe feliz e contento. Eu, xa nunca máis volverei a vista atrás e deixarei que a fantasía ou a esperanza alcancen o seu obxectivo. Un obxectivo glorioso.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES