Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A medio relato

miércoles, 20 de mayo de 2020
Vivimos o noso peor momento: unha crise sanitaria, económica e social que vén acompañada dun illamento da poboación sen precedentes. O COVID – 19 veu para ferirnos no máis íntimo: o noso ser emocional. É duro, moi duro, non poder abrazar, non poder bicar, non sentir o sosego da pel amiga. Aínda máis duro é non poder apoiar ás amizadas e aos familiares nas perdas máis doridas…

Nunca o pensamos e se alguén chega a relatarnos isto diríamos que é un conto de ciencia – ficción e aí ficaría. A realidade imponse e aquí estamos: no medio dunha pandemia mundial cun número de perdas humanas aterrador e librando un pulso constante cunha curva que teima en erguerse de novo…

Esta é a situación exacta: o COVID – 19 segue aí fora ameazándonos como sociedade co seu gume, polo tanto a relaxación non pode apoderarse de nós. Non podemos volver á normalidade, temos que habituarnos a vivir emocións a distancia renunciando (por amor) á maxia do tacto. Tamén temos que renunciar á nosa mobilidade pola saúde pública e a asumir unha hixiene escrupulosa e case extrema.

Feitos todos estes sacrificios coido que non podemos dar nin un paso atrás.

Por todo isto temos que pensar que, día a día, facemos historia e estes tempos incertos compoñen o relato do que contaremos mañá. Cómpre valorar agora, a medio relato, o que queremos contar e como… para isto podemos reparar na nosa propia actitude: omitiríamola ou formaría parte do relato? Pois estamos a tempo de mudalo todo, empezando pola actitude, para facer un relato verídico, orgulloso e cheo de exemplaridade…
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES