Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Abril

miércoles, 02 de abril de 2008
Se marzo é mes dado ao refraneiro, tampouco se queda curto Abril, con unha boa colección de refráns, ás veces contradictorios, ainda deixando claro que “No comenzo e no fin, abril será ruín”, así como a súa condición de mes dado á pluviosidade: “Abril, augas mil, senón ao comenzo, ao medio, ou ao fin”.

Abril é sempre o mes elexido para falar da primavera da vida, en ditos metafóricos. As mociñas sempre fan quince abriles ainda que cumpran en decembro. Vellos e vellas reloucan por estar feitos un abril. Os romanos adoitaban poñerllo por nome aos fillos que nacían neste mes (Aprilis, o segundo do calendario romano) e tamén foi o nome frecuente entre nós en tempos medievais.

En Compostela fica nunha rúa a lembranza de don Abril Ares e nos cancioneiros a do troveiro Abril Peres. Días que traen resonancias de tempos heroicos e esperanzados, uns relativamente próximos, máis lonxanos outros. ¡25 de abril!:caraveis en Portugal, mártires sen flores en Carral… Comenza o mes en plena Semana Santa cun venres de paixón. Ven logo a Pascua florida, pois xa di o refrán que “Altas ou baixas, en abril son as Pascuas” e este ano cadran cedo. Os padriños que ainda cumpren o rito de “dala pascua” agasallan aos afillados.

Hai grandes festexos en Padrón. O luns de Pascua iniciábase o ciclo festeiro nas mariñas de Betanzos, no barrio da Madalena, de imprescindible concurrencia para que todo marchara ben: “Se á Madalena non vou meu amor, en todo o ano non fago labor”. Veñen logo As Pascuiñas. Polo 24 é o San Marcos da cadeira, patrón de vilas mariñeiras como Noia e Corcubión, por algo disque chegou a súa imaxe por vía marítima, ainda que tamén é celebrado en terras máis ao interior, caso de Abegondo. O viño pide a berros por sair dos pipotes a palparlle a cor á primavera. Festéxase o viño en Amandi, en Quiroga, no Ribeiro… cada un co seu aquel. Anda en sazón a troita e déixao de estar a lamprea, cucada e mermada. É tempo tamén de sementar o millo, que cada vez se planta menos. O noiés Avilés de Taramancos cantou a abril cando estreaba versos e amores e o seu corazón era un poldro noviño a abrevar nas rúas coruñesas:

Abril rompe amodiño polos cómaros,
Unha preguiza nova vén no vento:
¡Ai meu amor! ¿Por onde o val florido
sen a melancolía dos teus ollos?

Pois é tempo de sair á busca do amor ou recibi-lo e deitarlle coitas ao oído:

Miña noiva de abril, rapaza nova
recendo de fiuncho e ruda fresca
decátaste da dor que me asolaga?

Que xa nos ensinou Cunqueiro que:

Temos a verba, amor, para decir: abril.
Sob as súas azas frolecerán os días.

Agardemos pois, ainda sabendo que “Abriles e cabaleiros son as veces traicioeiros”.
Torres Regueiro, Xesús
Torres Regueiro, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información