Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Teodulfo Lagunero, un millonario do PCE

miércoles, 02 de abril de 2008
Teodulfo Lagunero, Catedrático de Dereito Mercantil, avogado, construtor, millonario e comunista, financiou o PCE na clandestinidade. Estes días cedeu a súa fortuna a unha fundación para construír garderías e residencias para a terceira idade. Agora está escribindo un libro onde recolle unha vida e unha memoria moi importante para a historia deste país.

Lagunero foi o que trouxo a España o sete de febreiro de 1976 a Santiago Carrillo con aquela sonada perruca (perruca que lle encargou ao perruqueiro de Picasso) e sen os seus acostumados lentes de miope, cun pasaporte falso a nome de Raymond B., pasou a fronteira nun impoñente “Mercedes” conducido pola dona de Lagunero.

Chega a Madrid na noite do mesmo día e instálase nun discreto piso da rúa Comandante Franco e logo nun “chalet” da colonia madrileña de El Viso na rúa Lizarán 17, propiedade de Teodulfo.

Teodulfo máis ben era un topo millonario do PCE en Madrid nos tempos non moi doados da ditadura franquista. A súa familia era antifranquista, fillo de catedrático comunista, irmán de comunista. El mesmo tivo un consello de guerra cando tiña 18 anos, condenado a morte conmutándolle a pena. Cando tivo os medios económicos tratou co PCE. En certa entrevista lle preguntaron sobre isto, el comentaba: “...hice lo que creía que era mi obligación como ciudadano español, contribuir con los que entonces eran lo únicos que luchaban contra Franco. Fui consecuente con mis ideas, con la circustancia accidental de que los negocios me había salido bien. Dediqué mi vida y mi dinero, todo a la lucha contra Franco, son los mejores años de mi vida. El pago que tuve fueron unos años en los que me realicé como ser humano...”

Foi e é amigo de grandes intelectuais como: Alberti, Neruda, Bardem, Gala, Marcos Ana, María Teresa León etc.Coido que na súa vida tan intensa, máis ben na sombra, moito terá que contar en especial sobre a transición. Para aqueles que non coñeceron esa etapa de España, coido que sen Lagunero é imposible entender aquela transición política, especialmente na legalización do PCE naquel nove de abril de 1977, Sábado Santo.

Polo ano 1979, tiven a honra de acompañar durante un mes ao Secretario Xeral do PCG Santiago Álvarez nas súas viaxes. Nunha desas viaxes tiven a sorte de coñecer por primeira vez a Teodulfo, entre moitos históricos como José Gros (guerrilleiro do “maquis” francés que había participado na II Guerra Mundial en accións na retagarda alamana e formou parte do Comité Central do partido e gardacostas de Carrillo), isto acontecera no mes de abril de 1979 na Sede Central do PCE en Madrid na rúa Castelló 25, no barrio de Salamanca , un local de máis de 800 metros cadrados que Lagunero regalara ao Partido Comunista.

Desde aquela ata agora pouco ou nada souben del, algunha que outra nova nos xornais por mor de actos culturais. Ao ler onte a nova desa cesión da súa fortuna para bens sociais, non me trabuquei da impresión positiva que me deu aquel día de 1979, onde escoitándoo falar con Santiago Álvarez caérame moi ben o Sr. Lagunero.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES