Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día das Telecomunicacións

domingo, 17 de mayo de 2020
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) celebra o Día Mundial das Telecomunicacións, da Sociedade da Información e de Internet poñendo en valor a imprescindible labor dos telecos nos últimos meses e destacando algúns dos fitos mais relevantes acadados polo Colexio no último ano.

Día das TelecomunicaciónsDestaca a creación da Demarcación Galega, a realización do primeiro FOROTELECOS de Galicia e o encontro anual de colexiados, acadar representación tanto na Xunta Diretiva da Asociación Española de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AEGITT) como no Consello de Decanos nacional.

Entre os obxetivos está sensibilizar sobre as posibilidades do uso de Internet e de outras tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). O illamento puxo a proba a magnífica capacidade de resposta das Telecomunicacións para solventar a demanda crecente e ainda queda moito por amosar. Os datos falan por sí sós.

FENDA DIXITAL

Estas ferramentas poden ofrecer á sociedade e á economía unha capacidade de mellorar a súa calidade de vida así como favorecer a rendibilidade e sostibilidade das empresas. Así mesmo, o COETTGA destaca a necesidade urxente de reducir a fenda dixital que pon en evidencia a desigualdade da sociedade e da xeografía galega.

"A conectividade que prestan as Telecomunicacións é tan importante como a electricidade, o gas ou auga corrente, posto que se lle recoñeceron ás Telecomunicacións o rango de servizo básico", salienta o Decano do COETTGA, José M. Martínez. As Telecomunicacións e o teletraballo están contribuíndo enormemente a frear a sangría do desemprego, e por iso é importante destacar a labor dos telecos para facilitar a posibilidade de prestar servizo para conectar a cada un dos fogares, facilitar o traballo dende a casa e o pleno funcionamento dos organismos públicos e privados no marco do illamento social, preventivo e obrigatorio.

"De non ser polos Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións e todo o traballo, avances e investigacións que levamos feito nas últimas décadas, as consecuencias desta pandemia global, xa terían provocado unha catastrófica ruptura económica a nivel mundial e dos sistemas tal e como os coñecemos", di Martínez. Ao que engade "todo isto ten unha importante lectura positiva na nosa Comunidade Autónoma, xa que nos empurra (ainda que teña que ser desta maneira) a implementar e integrar novas formas de traballo moito máis eficientes e competitivas nas empresas que xa metidos en plena desescalada, deberíamos seguir empregando!.

FORMACIÓNS

Unha das principais labores do COETTGA é apostar pola formación continua e achegar a innovación aos colexiados e aos futuros colexiados. Durante o último ano estreitáronse as relacións coa Universidadee cos diferentes organismos autonómicos e institucións, ademáis da empresa privada.

Paralelamente, realizáronse formacións en moi distintos ámbitos: libre exercicio, ciberseguridade, blockchain, IoT, realización de proxectos, robótica, peritaxes...

HEROES INVISIBLES

Se ben os telecos sempre foron importantes para esta sociedade, adquiren un potencial moito maior no marco da emerxencia sanitaria. As TICs tiveron que reestructurar as súas formas de traballo, implementar as suas ferramentas e poñer a proba aos seus equipos para garantir os servizos esenciais de conectividade e responder a altísima demanda de consumo nestes últimos tempos. O reforzo nestas redes e o traballo silencioso dos profesionais só cabe destacar a capacidade de adaptación ante as adversidades e a necesidade de recoñecemento destes héroes invisibles.

SONDAXE-BARÓMETRO

O 80% dos Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións mantén os seus ingresos durante a crise afirmando que o 52% dos enquisados non se viron afectados. O 56% das empresas do sector das Telecomunicacións non se viron afectadas pola crise do coronavirus. 146% dos colexiados incrementaron a súa producción dende o teletraballo.

REDES HUMANAS

Máis de 3,2 millóns de persoas non teñen acceso a internet de calidade e moito menos as plataformas educativas telemáticas. Sería necesaria unha tarifa social para poder manter a conectividade co seu entorno. A Sociedade da Información asume a responsabilidade de implementar as novas tecnoloxías, ser eficientes e transparentes e continuar construíndo redes mundiais, non só físicas se non tamén posibilitar que non se rompan as conexión humanas.

No Día das Telecomunicacións, deInternet e da Sociedade da Información 2020, a capacidade de transformar o mundo ven da man dos telecos.
Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA)
Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES