Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Día de Europa

sábado, 09 de mayo de 2020
O 9 de maio de 1950 o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, propuxo mancomunar a produción europea do carbón e do aceiro para que nunca máis houbese guerras entre as nacións deste noso continente.

Ata había poucos meses mantivérase en Francia o racionamento de certos alimentos, e aínda quedaba unha chea de entullos e cascallos por retirar como consecuencia dos bombardeos.

Esa nobre iniciativa posibilitou a milagre da rexeneración de Europa. A fraternidade entre os nosos pobos está no xermolo da nosa actual Unión. Hoxe, nunha situación tamén dramática e inzada de dor, os europeos temos que encarar outra desfeita que levou por diante a unha chea dos nosos concidadáns e aínda ameaza ás bases da nosa economía.

Por iso, neste Día de Europa de 2020, dende Galicia, dende España, cómpre que lembremos ese espírito fundacional da nosa actual Unión. Que apelemos á fraternidade que nos tornou prósperos a todos, porque todos nós, como europeos, compartimos valores éticos e bens materiais que aínda nos fan dignos de admiración no mundo.

Europa non pode medrar se cae na división, na fractura e no desánimo. A preservación do noso mercado interior é básico para todas as nosas empresas e, con elas, para os nosos traballadores. De aí nacen os recursos que fan posible o noso sistema de benestar, único no planeta.

Daquela, dende esta parte de Europa severamente atacada pola pandemia que vimos de padecer, lembramos que polo ben de todos, pola nosa unidade que outros desexarían quebrar, precisamos dese espírito fundacional para refacer novamente os alicerces da nosa prosperidade e rexurdir con maior forza, con maior cohesión e con maior sabedoría, a fin de encarar calquera outro risco ou ameaza que poidamos atopar no futuro.

Os Fondos Europeos, tanto Estruturais como de Cohesión, os fondos Agrícolas e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e tamén os que se han de engadir para a reconstrución económica, son ferramentas insubstituíbles que debemos arrancar axiña para complementar os esforzos solidarios xa despregados polo Banco Central Europeo, polo Banco Europeo de Investimentos e pola Comisión Europea.

Agora, son os Estados e as rexións da Unión os que temos que estar á altura do desafío histórico que temos por diante. As xeracións que nos precederon souberon facelo en peores circunstancias, non esquezamos o seu maxisterio.
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES