Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O espantallo eterno

jueves, 14 de mayo de 2020
Son o espantallo que asoma por entre a cortina do salón. Contemplo o horizonte e non vexo nada. Porque nada hai. Tan só está a claridade e o silencio. Tan só está o baleiro. Non vexo vida ningunha. Todo está morto. E se non erro son o único Pingas de Orballo: O espantallo eternohabitante do planeta. Porque levo xa días que non oio nada, que non vexo a ninguén. Non hai televisión porque xa ninguén asoma por ela. Penso que estou vivindo unha apocalipse. Quédame pouca comida. Cando a remate, non me quedará outra que saír e a ver que pasa, que acontece. Son o único e derradeiro habitante do planeta. E sígolle tendo medo a morrer. Sei que vou tardar en morrer. Síntome inmortal. Un espantallo, pero inmortal. Deixo de contemplar o horizonte e sento nun sofá xa con algo de lixo. Teño todo o tempo do mundo para limpar, pero a nugalla é cabrona. Agora escoito música. Si, porque esta aínda a teño. Pero estou só, sigo só. A soidade é coma un alfinete que penetra pouco a pouco na pel da existencia ou coma unha lama morta que te espreme, suaviño pero con forza. Teño medo a que as bágoas queiran asomar pola miña cara de ferreiro. Porque empezo a botar de menos o ruído. Certo que, de cando en vez, xa noto que falo só, que lle boto unha reprimenda a algúns obxectos. Cada vez sorrío menos. Eu, que sempre me estaba rindo. É triste ser o único e derradeiro habitante do planeta. E son o espantallo que non sabe que facer ante tal situación. Ergo do sofá, ando polo corredor e ante un espello contemplo o reflexo dun espantallo eterno.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES