Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

1 de maio pola unión

miércoles, 29 de abril de 2020
De novo é 1 de maio e celebramos, quizais, unha das festividades máis universais. Este día conmemórase en todo o mundo nas rúas, ocupándoas e reivindicando nelas unha vida mellor, baseada na pedra angular da xustiza social que leva no seu cerne un reparto equitativo dos recursos.

Non farei referencia a que, como no 25 de abril, atopámonos ante unha contradición na que a ética obríganos a contradicir ao propio espírito do día e a desexar rúas baleiras. Alén disto, a ética tamén nos obriga a seguir denunciando o que dana ao pobo e a afirmarnos na idea de que ningún negocio debe estar por riba do propio pobo. Ningún negocio pode atentar contra a integridade persoal en ningún ámbito da mesma. Por iso, hoxe é de lei clamar pola unión e que é esixirlle a dita unión que tome, ao xeito de Gabriel Celaya, “partido ata mancharse”. Hoxe elevarei esta esixencia a dous ámbitos moi concretos:

En primeiro lugar, falarei da inmoralidade que cometeu o presidente da comunidade de Madrid defendendo ás casas de apostas ante a crise que está a vivir, segundo Martínez Almeida xeran emprego, son unha actividade legal, e teñen dereito a unha rebaixa fiscal, comparándoas entre outros cos estancos e as discotecas. Para min, que as casas de apostas sufran esta crise é positivo e expreso o claro desexo de que as mate e as enterre para sempre, xa que creo que coa súa desaparición, o noso país será, sen dúbida, mellor e gozará de máis seguridade; alén disto, repito que Martínez Almeida cometeu unha tremenda inmoralidade.

En segundo lugar, cómpre establecer un severo sistema de inspección en todos os servizos de atención á dependencia que evite casos tan extremos como os que estamos a vivir. Neste aspecto o primeiro que temos que admitir é que para coidar, non vale calquera; coidar é unha profesión e, como tal, esixe unha formación exhaustiva e tamén un código deontolóxico claramente establecido. Neste código, os muros das residencias débense facer transparentes para asegurar o benestar pleno dos maiores que construíron a nosa sociedade. A luz e o taquígrafo non preocupa a quen nada ten que ocultar e evita que profesionais faltos de ética e sensibilidade manchen un sector cada vez máis necesario que, non só deben permanecer, senón que debe seguir desenvolvéndose ata ser plenamente recoñecido.

Vivimos tempos de incerteza pero quizais son bos tempos para purgar erros e reducir posibles focos de infeccións sociais futuras. Clamar porque este tempo se aproveite correctamente tamén é unha obriga moral para cada unha e cada un de nós.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES