Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen dixo medo!

jueves, 23 de abril de 2020
Quen diga que non ten medo, minte.
Medo témolo todos.

O medo é un mecanismo de defensa que necesitamos para protexernos dos perigos:
-Por medo a queimarnos, non poñemos a man no lume.
-Por medo a ter un accidente, imos pola vida con prudencia.
-Por medo á miseria, traballamos para poder vivir dignamente.
-Por medo á ignorancia, estudiamos porque queremos adquirir coñecementos.
-Etc, etc.

O MEDO COMO PRECAUCIÓN, É UNHA MEDIDA ESTUPENDA.

Pero tampouco hai que ter medo a todo, moitas veces hai que arriscarse para conseguir un logro, un reto, un soño.
Xa din alí: “O que non se arrisca non cruza o río”

-Se as persoas que se gañan a vida conducindo un automóbil, tiveran medo a perdela nun accidente de tráfico:
¡Canto nos cambiaría a vida!

-Se os estudiantes tiveran medo a fracasar nos estudios, seríamos todos analfabetos.

-Se por medo a non ter éxito na vida, moitas persoas non se arriscaran; non existirían a metade dos negocios, nin a terceira parte das persoas que acadan postos de moita responsabilidade.

-Se as persoas que pilotan un avión, tiveran medo a perde-la vida no aire; non existiría o transporte aéreo.

-Se por medo a múltiples perigos as persoas en idade de procrear non se atreveran a ter fillos: acabaríase a Humanidade.

-Se por medo, os exploradores non se atreverán a facer o que fixeron; pensaríamos que o mundo acababa en Fisterra.

Etc, etc.

Neste momento histórico, estamos sufrindo o ataque indiscriminado dun virus que pasará á Historia da Medicina como “Coronavirus”.

Unha boa parte da poboación atopámonos confinados nos nosos fogares para non contaxiar nin contaxiarnos

OUTRA BOA PARTE VESE OBRIGADA A ARRISCARSE PARA QUE NON NOS FALTEN O SERVIZOS BÁSICOS.

Todos temos a esperanza de saír desta aínda que saibamos que a nosa vida vai a dar un cambio importante.

Pero non podemos ter medo: TEMOS QUE CONFIAR.
Temos que esperar a que vaia retrocedendo a pandemia ó mesmo tempo que vaia progresando a investigación sobre a maneira de erradicala.
Os crentes temos que pedir que Deus ilumine as mentes dos investigadores, dos sanitarios e dos gobernantes para que acerten.

Non é a nosa xeración a primeira en verse ante un perigo deste calibre.

CONSERVAMOS A ESPERANZA, PORQUE A ESPERANZA NON DEFRAUDA.

Pero ademais de esperar, teremos que reflexionar moito sobre o noso xeito de vida, porque vai haber moitos cambios.
Para cambiar, teremos moito que aprender.

“MOITO QUE APRENDER”

Este será o titulo do seguinte artigo.

Antes de despedirme quero agradecer moi sinceramente a tantas e tantas persoas que expoñen as súas vidas para que outros poidamos estar a salvo.
SON OS HEROES DO MOMENTO.

Moitas grazas tamén a vostede pola súa valentía ante os avatares da vida e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES