Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fogares Verdes

jueves, 27 de marzo de 2008
Fogares Verdes O mércores 26 de marzo presentouse en Compostela o programa "Fogares Verdes”. Este proxecto impulsado polo INEGA, a concellería de Medio Ambiente de Santiago e ADEGA vai promocionar en medio cento de fogares da cidade o aforro de enerxía e auga. A meta será acadar un redución do consumo de enerxía eléctrica nun 5,2% e dun 10% no caso da auga. Para elo fáranse visitas períodicas a modo de acompañamento aos fogares para facilitarlles información e consellos coa fin de tentar mudar hábitos. Na primeira visita farase entrega dun kit de aforro composto por unha lámpada de baixo consumo e dous reductores de caudal para as billas.

Porén, o máis importante do proxecto non vai ser conseguir unha cifra concreta de redución do consumo xa que as particularidades dos fogares participantes son moi variadas. A reflexión sobor o uso dos recursos naturais no fogar, o cambio de costumes dilapidadoras ou sentirse parte dun movemento de cambio social cara a eficiencia son pilares fundamentais de "Fogares Verdes”. Tamén, e non menos importante, vai ser a merma económica na facturación. A principios de abril comezará a primeira rolda de visitas facendo especial fincapé no “stand by” ou consumo fantasma e no aforro de auga na cociña e no baño. Até final de ano abordaranse diferentes temas como a iluminación, a calefacción, a rega, etc... A día de hoxe aínda quedan algunhas prazas para participar en “Fogares Verdes” e tomar parte da rede de consumidores responsabeis de recursos no fogar. Os interesados/as deberán porse en contacto con ADEGA (981570099; adega@adega.info Este enderezo de correo está protexida contra robots de spam, tes que activar Javascript para vela).

Que é Fogares Verdes?
Fogares verdes é un programa de educación ambiental dirixido a domicilios de Santiago de Compostela, que ten como finalidade a promoción do aforro de auga e enerxía na vida cotiá. Plantéxase como un programa de participación ambiental que pretende incorporar accións sinxelas e mudar hábitos para poder reducir o consumo de recursos no fogar. Sabemos que cun pequeno esforzo e sen reducir o benestar e calidade de vida pódese acadar unha merma na facturación do fogar e o que é máis importante a conservación dun patrimonio común como son os recursos naturais.

Como se vai facer?
Fogares verdes plantéxase como un programa de acompañamento no fogar. Educadores/as ambientais de ADEGA realizarían un seguemento mediante visitas trimestrais nas que se relizará unha diagnose inicial, asesoramento e confirmación de metas acadadas. Ademais das visitas, cada fogar contará en todo momento con atención personalizada a través de teléfono e correo electrónico no que consultar calquera dúbida. Entregarese tamén material con información de axuda e un pequeno equipo de aforro.

Quen o vai desenvolver?
A equipa de educadores ambientais de ADEGA será a encargada de facer as visitas e o seguemento dos fogares participantes. Prestará tamén atención personalizada a través de teléfone e correo electrónico para consultar calquera dúbida que se plantexe. Os/as educadores/as facilitarán información sobre aspectos básicos referidos a prácticas de consumo e aforro.

A quen vai dirixido?
As veciñas e os veciños serán os verdadeiros protagonistas da acción educativa. "Fogares Verdes" vai dirixido a todos aqueles fogares interesados en participar, independentemente do tipo de vivenda ou do número de moradores. Terán prioridade aqueles fogares adscritos ao programa de Compostaxe Caseira. Apóstase deste xeito pola creación dunha rede de fogares ecolóxicos que poidan ampliar o seu compromiso ambiental. Dos/as participantes agárdase un compromiso de continuidade o longo do desenvolvemento do programa, facilitar datos de facturación de auga e luz (estes serán tratados confidencialmente). Esperamos que o programa aporte aos participantes un alto grao de confortamento polo feito de estar axundando a mudar o planeta!!
Adega Lugo
Adega Lugo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES